UE
Cluster Audiovisual Galego

Proxectos do Clúster Audiovisual Galego

Prestando atención á evolución do mercado, coñecendo as novas necesidades e adaptándonos ás demandas actuais, no Clúster Audiovisual Galego experimentamos un crecemento cuantitativo e cualitativo! nos últimos anos. 

Somos flexibles. Volvemos a inventarnos unha e outra vez para dar sempre a resposta óptima ás empresas do sector tendo en conta a súas novas esixencias.
As nosas liñas de actuación son:

  • - Innovación e desenvolvemento tecnolóxico
  • - Internacionalización
  • - Dinamización
  • - Formación
Cerrar

DESTACADOS

Os proxetos máis destacados das últimas datas.
Webinario:
Webinario: "A certificación ambiental nas producións audiovisuais"

29-04-2026

Misión comercial directa Series Mania Forum 2026
Misión comercial directa Series Mania Forum 2026

27-03-2026

Misión comercial directa EFM/Berlinale 2026
Misión comercial directa EFM/Berlinale 2026

20-02-2026

Innovación e desenvolvemento tecnolóxico

Dámos apoio ás empresas para que innoven e melloren tecnoloxicamente os seus procesos a través de proxectos colaborativos en diversas materiais.
Proxecto PLATVR
Proxecto PLATVR

03-11-2023

Proxecto MEDRETIA
Proxecto MEDRETIA

24-04-2023

Proxecto E-Dobraxe
Proxecto E-Dobraxe

10-10-2022

TILGAL: Ferramenta de Transcrición e Subtitulado Automático ao Galego
TILGAL: Ferramenta de Transcrición e Subtitulado Automático ao Galego

22-07-2022

<p>O Clúster
Audiovisual presenta os resultados do proxecto AUDIENCELAB Big Data</p>

O Clúster Audiovisual presenta os resultados do proxecto AUDIENCELAB Big Data

01-04-2019

AudienceLab Big Data
AudienceLab Big Data

22-01-2019

Obradoiros de Dixitalización Industria 4.0  
Obradoiros de Dixitalización Industria 4.0  

26-11-2018

Estudo de viabilidade técnica do Proxecto Galician Digital AV Delivery (DAVIDeo)
Estudo de viabilidade técnica do Proxecto Galician Digital AV Delivery (DAVIDeo)

16-05-2018

Xornada
Xornada "Transferencia de tecnoloxia no sector Audiovisual"

27-05-2014

Xornada
Xornada "Oportunidades do programa FIWARE"

16-07-2015

RENDER
RENDER

19-03-2018

Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega i+dea
Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega i+dea

19-03-2018

LibrePlan Audiovisual
LibrePlan Audiovisual

19-03-2018

Foros de Innovacion Colaborativa 2015
Foros de Innovacion Colaborativa 2015

09-04-2015

Clag Media Talent
Clag Media Talent

17-09-2014

AudienceLab
AudienceLab

04-12-2014



Proxecto PLATVR

03-11-2023

PLATVR: Intelixencia Artificial Creativa para platós virtuais plantea unha investigación sobre modelos de IA xerativa (GAN) que permitan xerar imaxes bidimensionais a partir de técnicas de procesado da linguaxe natural para trasladar a información de contexto aos modelos de IA xerativa. Por outra banda, unha vez seleccionado o escenario (imaxe 2D) traballarase na aplicación de técnicas de IA baseadas en Deep Learning que permitan a conversión desta a escenario 3D de forma que a súa integración nos platós virtuais ofreza unha experiencia máis realista e inmersiva, ao outorgar a capacidade de movemento das cámaras nos platós virtuais.

Volver
+ info

Proxecto MEDRETIA

24-04-2023

Ademais do Clúster, participan no proxecto a Asociación para a Dixitalización da Industria de Galicia, Galicia Digital-DIHGIGAL, o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as empresas Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG), Duacode e Selmark.



Volver
+ info

Proxecto E-Dobraxe

10-10-2022

O Clúster Audiovisual Galego artellou o Proxecto E-Dobraxe,consistente na creación dunha solución innovadora (Plataforma tecnolóxica web) que permita xestionar, integrar e visualizar a información necesaria para que as empresas poidan xestionar de maneira eficiente as tarefas de dobraxe de contidos audiovisuais. 

Volver
+ info

TILGAL: Ferramenta de Transcrición e Subtitulado Automático ao Galego

22-07-2022

Clúster Audiovisual Galego vén de desenvolver o proxecto TILGAL: Ferramenta de Transcrición e Subtitulado Automático ao Galego, xunto ás empresas socias Adivina Producciones, CRTVG, Setemedia Producciones Audiovisuales e Voz audiovisual, así como ao Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM) do centro de investigación AtlanTTic da Universidade de Vigo e á empresa imaxin|software. Esta iniciativa permitiu validar o estado actual da tecnoloxía de recoñecemento automático da fala para a elaboración de subtítulos de produtos audiovisuais en galego.



Volver
+ info

O Clúster Audiovisual presenta os resultados do proxecto AUDIENCELAB Big Data

01-04-2019

O pasado venres, 29 de marzo, tivo lugar na sede do Clúster Audiovisual Galego, a primeira acción de difusión de resultados do proxecto AUDIENCELAB Big Data na que se estudaron diferentes fórmulas para dar contido ao proxecto e á que asistiron, entre outros, socios participantes como Adivina Producciones, Congo Producciones, CTV, Ficción Producciones ou a Televisión de Galicia, así como o ITG.



Volver
+ info

AudienceLab Big Data

22-01-2019

O Clúster Audiovisual Galego avanza no desenvolvemento do proxecto AudienceLab Big Data para a creación dun piloto que permita medir o consumo audiovisual dos mozos nas novas plataformas. Este proxecto céntrase tanto na implantación dunha solución tecnolóxica que permita recompilar datos de consumo audiovisual nas novas plataformas de definición de contido audiovisual, como na adquisición de información de alto nivel que posibilite segmentar e definir patróns de consumo dos mozos.



Volver
+ info

Obradoiros de Dixitalización Industria 4.0  

26-11-2018

Empresas dos sectores audiovisual e TIC participaron entre os meses de setembro e novembro, en Santiago, nos Obradoiros de Dixitalización Industria 4.0, organizados polo Clúster Audiovisual Galego en colaboración co Clúster TIC Galicia e co apoio do Igape, co obxectivo de promover proxectos arredor de tres temáticas de interese para o sector: Implantación dunha plataforma de entrega e validación de contidos audiovisuais,  Adaptación sectorial dun ERP para o sector audiovisual e Creación de contidos en Realidade Virtual con capacidade interactiva para aplicar en contornas educativas.



Volver
+ info

Estudo de viabilidade técnica do Proxecto Galician Digital AV Delivery (DAVIDeo)

16-05-2018

O Clúster Audiovisual Galego lidera desde o ano 2017 o proxecto Estudo de viabilidade técnica do Proxecto Galician Digital AV Delivery (DAVIDeo), no que participaron as empresas socias Adivina Producciones, Área 5.1 Factoría Audiovisual, CESGA, CTV, Formato Producciones e Producciones Audiovisuales Setemedia, e que contou co financiamento do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI), do Ministerio de Economía, Industria y Competitividad, na súa convocatoria do ano 2017.

Volver
+ info

Xornada "Transferencia de tecnoloxia no sector Audiovisual"

27-05-2014

O 27 de maio de 2014 celebrouse na Coruña a xornada do Clúster Audiovisual Galego (Clag) "Transferencia de tecnoloxía no sector audiovisual", en colaboración co Centro de Investigación TIC da Coruña (CITIC).  Esta xornada serviu de encontro entre empresas do sector audiovisual e o centro de investigación CITIC como potencial socio tecnolóxico no ámbito de tecnoloxías TIC.

Volver
+ info

Xornada "Oportunidades do programa FIWARE"

16-07-2015

Socios do Cluster Audiovisual Galego (Clag) e Clúster TIC Galicia  coñeceron este xoves, en Santiago, as oportunidades que ofrece o programa europeo FIWARE e as aceleradoras con convocatorias abertas en 2015, durante unha xornada organizada polos dous clústeres, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (Gain).

Volver
+ info

RENDER

19-03-2018

O CLAG traballou no desenvolvemento do proxecto Render, a través do cal levouse a cabo un completo e exhaustivo Estudo de Viabilidade sobre as posibilidades de poder desenvolver e implantar un modelo viable e sostible de Render, a distancia para a industria de animación que xunte as tecnoloxías, arquitecturas de sistemas, capacidades de investigación, desenvolvemento e produción así como as infraestruturas de todo tipo requiridas e necesarias para facer factible que calquera Estudio de Animación 3D teña a posibilidade de ampliar axilmente a súa capacidade de Render segundo as súas necesidades e en calquera momento.

Volver
+ info

Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega i+dea

19-03-2018

Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega i+dea pretende ser una organización onde se instaure un entorno propicio para crear e consolidar un foro aberto de traballo e colaboración entre os actores relevantes no sector tecnolóxico audiovisual da Comunidade Autónoma Galega, que favoreza a formación de grupos ou polos de excelencia e coordinación científico-técnica de carácter dinámico nos temas de I+D+i claves para o futuro deste tecido empresarial.

Volver
+ info

LibrePlan Audiovisual

19-03-2018

LibrePlan Audiovisual é unha adaptación sectorial de LibrePlan orientada á xestión da previsión e execución de custos durante o desenvolvemento de producións audiovisuais. O seu obxectivo principal é cubrir todas as etapas relacionadas coa definición do orzamento, planificación e seguimento, dende o punto de vista do control dos gastos. Permite seguir a execución dos elementos do orzamento comparado cos gastos reais proporcionando unha vsita dos custos comparado coas previsións, xunto con medicións da produtividade.

Volver
+ info

Foros de Innovacion Colaborativa 2015

09-04-2015

Clúster Audiovisual Galego (Clag) celebrou hoxe, xoves, os Foros de innovación colaborativa co obxectivo de promover e dinamizar iniciativas de innovación de todo tipo entre os seus asociados. Esta iniciativa contribuíu ao intercambio de experiencias e boas prácticas e favoreceu a colaboración entre as empresas que integran o Clag.

Volver
+ info

Clag Media Talent

17-09-2014

A primeira edición do concurso CLAG MEDIA TALENT, organizado polo Clúster Audiovisual Galego (Clag) co apoio da Televisión de Galicia (TVG), presentouse hoxe, mércores, en Santiago, nun acto que contou coa participación do presidente do Clag, Andrés Barbé, e da directora da TVG, Rosa Vilas. Esta iniciativa ten como obxectivo detectar novo talento audiovisual e conectalo co tecido empresarial, obtendo como resultado un catálogo de formatos innovadores con viabilidade comercial, que despois da súa avaliación por un xurado será emitido o gañador como piloto pola canle autonómica galega.

Volver
+ info

AudienceLab

04-12-2014

Clúster Audiovisual Galego (Clag) celebrou o xoves, día 4 de decembro de 2014, en Santiago, a reunión de lanzamento dun novo proxecto dirixido ás compañías socias do clúster, AudienceLab. Esta iniciativa ten como obxectivo a posta en marcha dun "laboratorio de audiencia" que analice os elementos a incorporar en futuros proxectos das empresas do Clag.

Volver
+ info

Internacionalización

Construímos a marca “Galicia Audiovisual” para poñer a industria audiovisual galega ao alcance dos mercados de todo o mundo. Con esta identificación abrímonos paso a novos mercados e consolidamos a imaxe de Galicia como un lugar con talento creativo e de vangarda tecnolóxica.

Isto supón unha oportunidade para os nosos socios, xa que facilitamos as posibilidades de acceso a novos negocios, vendas, expansión e colaboración en diferentes proxectos.
Misión comercial directa Series Mania Forum 2026
Misión comercial directa Series Mania Forum 2026

27-03-2026

Misión comercial directa EFM/Berlinale 2026
Misión comercial directa EFM/Berlinale 2026

20-02-2026

Misión comercial directa MIFA/Festival de Annecy 2025
Misión comercial directa MIFA/Festival de Annecy 2025

16-06-2025

Misión comercial directa Celtic Media Festival 2025
Misión comercial directa Celtic Media Festival 2025

08-06-2025

<div class=Delegación comercial Marché du Film do Festival de Cannes 2025
">
Delegación comercial Marché du Film do Festival de Cannes 2025

21-05-2025

<p>Delegación comercial Series Mania Forum 2025</p>

Delegación comercial Series Mania Forum 2025

28-03-2025

Delegación comercial no Berlinale Co-Production Market 2025
Delegación comercial no Berlinale Co-Production Market 2025

19-02-2025

Delegación comercial en Mipcom 2024
Delegación comercial en Mipcom 2024

24-10-2024

Delegación empresarial MIFA de Annecy 2024
Delegación empresarial MIFA de Annecy 2024

17-06-2024

Delegación empresarial Marché du Film 2024
Delegación empresarial Marché du Film 2024

24-05-2024

Delegación empresarial Series Mania 2024
Delegación empresarial Series Mania 2024

25-03-2024

Delegación empresarial Content London 2022
Delegación empresarial Content London 2022

05-12-2022

Delegación empresarial IBC 2022
Delegación empresarial IBC 2022

14-09-2022

Misión empresarial Celtic Media Festival 2022
Misión empresarial Celtic Media Festival 2022

10-06-2022

Misión empresarial do audiovisual galego a Series Mania 2022
Misión empresarial do audiovisual galego a Series Mania 2022

24-03-2022

<p>O Clúster Audiovisual Galego chega ao MIPCOM para promover a industria audiovisual de Galicia</p>

O Clúster Audiovisual Galego chega ao MIPCOM para promover a industria audiovisual de Galicia

15-10-2019

Misión directa no IBC de Ámsterdam 2019
Misión directa no IBC de Ámsterdam 2019

12-09-2019

Misión empresarial inversa dos contidos dixitais 2019
Misión empresarial inversa dos contidos dixitais 2019

15-07-2019

Misión empresarial inversa de cine independente
Misión empresarial inversa de cine independente

11-06-2019

Misión directa do audiovisual galego no Celtic Media Festival 2019
Misión directa do audiovisual galego no Celtic Media Festival 2019

05-06-2019

Misión empresarial do audiovisual galego ao Rio2C 2019
Misión empresarial do audiovisual galego ao Rio2C 2019

10-05-2019

Misión empresarial inversa co sector dos contidos dixitais de Arxentina
Misión empresarial inversa co sector dos contidos dixitais de Arxentina

05-04-2019

Delegación empresarial do audiovisual galego no Series Mania 2019
Delegación empresarial do audiovisual galego no Series Mania 2019

25-03-2019

Encontro do audiovisual galego no European Film Market 2019 de Berlín
Encontro do audiovisual galego no European Film Market 2019 de Berlín

18-02-2019

<p>Delegación empresarial do audiovisual galego en Content
London 2018</p>

Delegación empresarial do audiovisual galego en Content London 2018

26-11-2018

Delegación empresarial do audiovisual galego a IBC 2018
Delegación empresarial do audiovisual galego a IBC 2018

25-09-2018

Plataforma sectorial de intelixencia competitiva internacional
Plataforma sectorial de intelixencia competitiva internacional

01-06-2018

Misión comercial inversa con Reino Unido e EE.UU.
Misión comercial inversa con Reino Unido e EE.UU.

09-07-2018

Misións comerciais inversas con Alemaña e Latinoamérica
Misións comerciais inversas con Alemaña e Latinoamérica

25-06-2018

European Film Market 2018
European Film Market 2018

18-02-2018

MIPCOM 2017
MIPCOM 2017

16-10-2017

IBC 2017
IBC 2017

06-09-2017



Misión comercial directa Series Mania Forum 2026

27-03-2026

As produtoras Portocabo e Setemedia participaron no mercado internacional Series Mania Forum 2026, que se celebrou no mes de marzo na localidade francesa de Lille, no marco dunha misión comercial promovida polo Clúster Audiovisual Galego.




Volver
+ info

Misión comercial directa EFM/Berlinale 2026

20-02-2026

As produtoras Miraveo e Portocabo participaron na 76ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, Berlinale, conformando a delegación comercial promovida polo Clúster Audiovisual Galego neste evento, co obxectivo de reforzar a internacionalización das empresas galegas.



Volver
+ info

Misión comercial directa MIFA/Festival de Annecy 2025

16-06-2025

As empresas Undodez e Pulpa Rights asistiron ao MIFA Annecy 2025, que se celebrou na localidade francesa do 8 ao 14 de xuño, cunha delegación do audiovisual galego impulsada polo Clúster. Ambas tiveron a oportunidade de estar no que está considerado como o mercado máis importante do mundo para contidos de animación.




Volver
+ info

Misión comercial directa Celtic Media Festival 2025

08-06-2025

O audiovisual galego estivo amplamente representado no Celtic Media Festival 2025, que se celebrou do 3 ao 5 de xuño en Newquay (Gales). Unha delegación empresarial impulsada polo Clúster e conformada polas produtoras Miraveo, Portocabo, Setemedia Undodez viaxou ata Gales para participar neste festival que promove a cultura e linguas dos países celtas nos ámbitos do cinema, a televisión, a radio e os novos medios de comunicación.



Volver
+ info

Delegación comercial Marché du Film do Festival de Cannes 2025

21-05-2025

As compañías Vaca Films e Frida Films participaron na 65ª edición do Marché du Film do Festival de Cannes, que se celebra no Palais des Festival et des Congrès, como integrantes dunha misión comercial a este mercado promovida polo Clúster Audiovisual Galego.




Volver
+ info

Delegación comercial Series Mania Forum 2025

28-03-2025

Unha delegación de tres produtoras audiovisuais participou na misión comercial a Series Mania 2025, organizada polo Clúster Audiovisual Galego, co obxectivo de explorar novas oportunidades de negocio.




Volver
+ info

Delegación comercial no Berlinale Co-Production Market 2025

19-02-2025

As produtoras galegas Frida Films, Portocabo e Vaca Films participaron na 75ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, Berlinale, conformando a delegación comercial promovida polo Clúster Audiovisual Galego neste evento.



Volver
+ info

Delegación comercial en Mipcom 2024

24-10-2024

As empresas socias do Clúster Audiovisual Galego Portocabo, Pulpa Rights (Verónica Buide) e Producciones Audiovisuales Setemedia conformaron a delegación do audiovisual galego, promovida polo Clúster, na 40ª edición de Mipcom, que tivo a España como país de honra.



Volver
+ info

Delegación empresarial MIFA de Annecy 2024

17-06-2024

O Clúster Audiovisual Galego promoveu a participación das súas empresas no MIFA do Festival de Annecy 2024, que se celebrou en xuño na localidade francesa. O produtor Xosé Zapata e a CEO de Pulpa Rights, Verónica Buide, integraron a misión comercial do Clúster no que está considerado como o mercado máis importante do mundo para contidos de animación, e que foi conformada co obxectivo de impulsar a internacionalización das compañías galegas dedicadas á animación.




Volver
+ info

Delegación empresarial Marché du Film 2024

24-05-2024

As compañías Vaca Films e Frida Films, o produtor Xosé Zapata e a CEO de Pulpa Rights, Verónica Buide, participaron en maio na 64ª edición do Marché du Film do Festival de Cannes, que se celebrou no Palais des Festival et des Congrès, como integrantes dunha misión comercial a este mercado promovida polo Clúster Audiovisual Galego.




Volver
+ info

Delegación empresarial Series Mania 2024

25-03-2024

As produtoras Portocabo Setemedia participaron no evento internacional Series Mania Forum 2024, que se celebrou en marzo en Lille (Francia), no marco dunha misión comercial promovida polo Clúster Audiovisual Galego. Os representantes de ambas compañías acodiron a este foro no que se dan cita miles de executivos da televisión de todo o mundo. 




Volver
+ info

Delegación empresarial Content London 2022

05-12-2022

As compañías Ficción Producciones e Producciones Audiovisuales Setemedia participaron en Content London 2022, o mercado de coprodución de series e contidos para televisión celebrado na cidade londinense. Ambas produtoras integraron a delegación do audiovisual galego neste foro, que foi promovida polo Clúster Audiovisual Galego. 

Volver
+ info

Delegación empresarial IBC 2022

14-09-2022

As compañías CTV, S.A. e Intereuropa TV, S.A. conformaron a delegación do Clúster Audiovisual Galego na feira IBC 2022, que se celebrou do 9 ao 12 de setembro no RAI de Ámsterdam. A presenza en IBC permitiulles ás empresas do audiovisual galego crear novas oportunidades de negocio e coñecer de primeira man as tendencias e innovación no campo dos medios electrónicos.




Volver
+ info

Misión empresarial Celtic Media Festival 2022

10-06-2022

As compañías Setemedia, Producións A Fonsagrada (Filmax), Ficción Producciones e Kairos conformaron a delegación empresarial promovida polo Clúster Audiovisual Galego no Celtic Media Festival 2022, celebrado esta semana na Bretaña francesa, e no que tamén participou a socia do Clúster Televisión de Galicia. Este certame promove a cultura e linguas dos países celtas en cine, televisión, radio e novos medios de comunicación.




Volver
+ info

Misión empresarial do audiovisual galego a Series Mania 2022

24-03-2022

As empresas Ficción Producciones, Kairos e Producciones Audiovisuales Setemedia conformaron a delegación empresarial do audiovisual galego en Series Mania 2022, que se celebrou en Lille (Francia) no mes de marzo, e que promoveu o Clúster. Os membros da delegación galega participaron no Series Mania Forum, onde se deron cita milleiros de executivos da televisión de todo o mundo.  



Volver
+ info

O Clúster Audiovisual Galego chega ao MIPCOM para promover a industria audiovisual de Galicia

15-10-2019

Clúster Audiovisual Galego, xunto a varias da súas empresas asociadas como Portocabo, CRTVG, CTV, Tamboura, Ficción Producciones ou Zenit Televisión; forman parte da representación do audiovisual galego na trixésima edición do MIPCOM

Volver
+ info

Misión directa no IBC de Ámsterdam 2019

12-09-2019

As compañías Cinfo, CTV e Intereuropa TV conforman a delegación promovida polo Clúster Audiovisual Galego na feira IBC (International Broadcasting Convention), o maior certame internacional europeo sobre medios audiovisuais, entretemento e tecnoloxía, que se celebrará do 13 ao 17 de setembro no RAI de Ámsterdam. Unha cita ineludible do sector da radiodifusión, a televisión e as tecnoloxías multimedia aplicadas á comunicación, onde se presentan as últimas novidades do mercado e sirve como punto de encontro para os principais actores da industria. 

Volver
+ info

Misión empresarial inversa dos contidos dixitais 2019

15-07-2019

Co obxectivo de apoiar a creación de proxectos innovadores e ao sector dos contidos dixitais en Galicia e de fomentar a súa internacionalización, o Clúster Audiovisual Galego celebrou o pasado venres, na Coruña, varios encontros de networking entre compañías do audiovisual galego e personalidades dos sectores da animación, da realidade virtual e dos vfx de recoñecido prestixio a nivel mundial.



Volver
+ info

Misión empresarial inversa de cine independente

11-06-2019

Produtores galegos  e recoñecidas personalidades do cine independente mantiveron o venres 7 de xuño na Coruña un encontro co obxectivo de promocionar este tipo de cine feito en Galicia a nivel internacional. A xuntanza promovida polo Clúster Audiovisual Galego tivo lugar no marco da décima edición da Mostra de Cinema Periférico (S8),  celebrada do 31 de maio ao 9 de xuño na cidade herculina.

Volver
+ info

Misión directa do audiovisual galego no Celtic Media Festival 2019

05-06-2019

As produtoras CTV, Ficción Producciones e Tamboura conforman a delegación empresarial promovida polo Clúster Audiovisual Galego na 40 edición do Celtic Media Festival, que se celebra ata o día 6 na localidade escocesa de Aviemore e na que participan ademais o propio Clúster, a Televisión de Galicia e Voz Audiovisual. Este certame promove a cultura e linguas dos países celtas en cine, televisión, radio e novos medios de comunicación, con catro producións galegas finalistas aos seus galardóns anuais.

Volver
+ info

Misión empresarial do audiovisual galego ao Rio2C 2019

10-05-2019

As produtoras Ficción Producciones e Tamboura participaron na Misión directa do audiovisual galego, promovida polo Clúster, ao Rio2C - Rio Creative Conference 2019, que se celebrou do 23 ao 28 de abril na cidade brasileira de Río de Xaneiro. Un evento internacional sobre produción de contido audiovisual, aberto a toda a industria da televisión e dos medios dixitais.

Volver
+ info

Misión empresarial inversa co sector dos contidos dixitais de Arxentina

05-04-2019

Co obxectivo de promover a creación dos contidos dixitais en Galicia e de fomentar a internacionalización deste sector, o Clúster Audiovisual Galego celebrou onte, xoves, un encontro entre produtoras galegas e empresas de Arxentina. A xuntanza tivo lugar no marco do festival Carballo Interplay, que se celebra ata este sábado na localidade coruñesa que lle dá nome. 

Volver
+ info

Delegación empresarial do audiovisual galego no Series Mania 2019

25-03-2019

As empresas CTV, Ficción Producciones, Intereuropa e Portocabo xa se encontran en Lille (Francia) para participar en Series Mania 2019. Estas catro compañías conforman a delegación do audiovisual galego no festival, exclusivo para series de televisión, promovida polo Clúster Audiovisual Galego. A 10ª edición deste evento celébrase ata o próximo 30 de marzo no Grand Palais de Lille. 

Volver
+ info

Encontro do audiovisual galego no European Film Market 2019 de Berlín

18-02-2019

O audiovisual galego presentouse o luns 11 de febreiro, en Berlín, diante da industria cinematográfica internacional, nun encontro celebrado no marco da 31ª edición do European Film Market (EFM), que tivo lugar do 7 ao 15 de febreiro en paralelo á Berlinale, e que estivo organizado polo Clúster Audiovisual Galego e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). 

Volver
+ info

Delegación empresarial do audiovisual galego en Content London 2018

26-11-2018

As compañías Ficción Producciones e Portocabo participarán esta semana en Content London 2018, o mercado de coprodución de series e contidos para televisión que arranca mañá, martes, na cidade londinense. Ambas produtoras integran a delegación do audiovisual galego neste foro, que foi promovida polo Clúster Audiovisual Galego.

 



Volver
+ info

Delegación empresarial do audiovisual galego a IBC 2018

25-09-2018

As compañías CTV, S.A., Intereuropa TV, S.A. e Spica, S.L. conformaron a delegación do Clúster Audiovisual Galego na feira IBC 2018, que se celebrou do 14 ao 18 de setembro en Ámsterdam. A súa presenza en IBC permitiulles ás empresas do audiovisual galego crear novas oportunidades de negocio e coñecer de primeira man as tendencias e innovacións no campo dos medios electrónicos.

Volver
+ info

Plataforma sectorial de intelixencia competitiva internacional

01-06-2018

O Clúster Audiovisual Galego liderou desde o pasado ano a posta en marcha dunha Plataforma sectorial de intelixencia competitiva internacional. Desde o 1 de xaneiro de 2018 as empresas socias do Clúster que participan no proxecto poden coñecer as tendencias mundiais de todo tipo de formatos audiovisuais mediante o seu acceso ao servizo the Wit Fresh TV database da consultora suíza The Wit. Unha valiosa canle de información que ofrece un valor engadido para a proxección exterior dos seus negocios.
 

Volver
+ info

Misión comercial inversa con Reino Unido e EE.UU.

09-07-2018

Co obxectivo de apoiar a creación de proxectos innovadores e ao sector dos contidos dixitais en Galicia e de fomentar a súa internacionalización, o Clúster Audiovisual Galego celebrou o pasado xoves, na Coruña, un encontro de networking entre compañías do audiovisual galego e representantes de empresas británicas e estadounidenses de primeiro nivel do sector da animación e os novos media.

Volver
+ info

Misións comerciais inversas con Alemaña e Latinoamérica

25-06-2018

Co obxectivo de fomentar a exportación do sector audiovisual galego, o Clúster Audiovisual Galego organizou dúas Misións comerciais inversas con Alemaña e Latinoamérica, no marco da segunda edición do foro internacional de coprodución de ficción para televisión Conecta FICTION, que tivo lugar en Santiago de Compostela do 18 ao 21 de xuño. O Clúster promoverá encontros entre as súas empresas e potenciais coprodutores e distribuidores alemáns e latinoamericanos.

Volver
+ info

European Film Market 2018

18-02-2018

O Clúster Audiovisual Galego participou na trixésima edición do European Film Market de Berlín para apoiar o sector audiovisual de Galicia cun evento de promoción especial, organizado coa colaboración da Agadic, que tivo lugar na tarde-noite do domingo 18 coa finalidade de intensificar as relacións entre os representantes do audiovisual galego desprazados coa prensa especializada e membros da industria internacional convidados. 

Volver
+ info

MIPCOM 2017

16-10-2017

Clúster Audiovisual Galego está presente desde hoxe luns, día 16, nunha nova edición da feira Mipcom, na localidade francesa de Cannes, para promover e apoiar a internacionalización da industria audiovisual galega. Entre os obxectivos da entidade tamén está difundir todo o talento e a calidade de Galicia a través dos produtos audiovisuais e fomentar o seu consumo.

Volver
+ info

IBC 2017

06-09-2017

Catro compañías conforman a delegación do Clúster Audiovisual Galego na feira IBC 2017, que se celebrará do 15 ao 19 de setembro en Ámsterdam. Unha cita ineludible do sector da radiodifusión, a televisión e as tecnoloxías multimedia aplicadas á comunicación, onde se presentan as últimas novidades do mercado e sirve como punto de encontro para os principais actores da industria.

Volver
+ info

Dinamización

Avanzar cara a un sector audiovisual emprendedor e proactivo foi outro dos nosos retos e obxectivos. Dinamizando sectorialmente conseguimos consolidar iniciativas creadas e a organización de novos eventos que completaban o noso programa. Grazas a isto estimulamos o intercambio creativo de ideas e a produción de formatos para difundir ao gran público.
XIX edición do
XIX edición do "I+P, Ideas para Producir"

01-12-2025

17ª edición do pitching
17ª edición do pitching "I+P, Ideas para Producir"

04-12-2023

6ª edición Pitching TFG
6ª edición Pitching TFG

30-01-2023

16ª edición do pitching
16ª edición do pitching "I+P, Ideas para Producir"

05-12-2022

15° edición do pitching “I+P, Ideas para Producir”
15° edición do pitching “I+P, Ideas para Producir”

02-12-2021

2ª edición do Pitching TFG coas Universidades galegas
2ª edición do Pitching TFG coas Universidades galegas

18-12-2018

12ª edición do pitching
12ª edición do pitching "I+P Ideas para producir"

26-11-2018

11º Pitching
11º Pitching "I+P Ideas para producir"

23-11-2017

I Edición do Pitching TFG coas Universidades galegas
I Edición do Pitching TFG coas Universidades galegas

15-12-2017

Coloquio ICAA - Produtores do sector audiovisual de Galicia
Coloquio ICAA - Produtores do sector audiovisual de Galicia

15-06-2017

Sesión sobre o aproveitamento polas empresas do sector audiovisual da liña de axudas á dixitalización Industria 4.0 do IGAPE
Sesión sobre o aproveitamento polas empresas do sector audiovisual da liña de axudas á dixitalización Industria 4.0 do IGAPE

15-06-2017

Xornada: Fiscalidade para a Produción de Contidos Audiovisuais
Xornada: Fiscalidade para a Produción de Contidos Audiovisuais

24-05-2017



XIX edición do "I+P, Ideas para Producir"

01-12-2025

I+P, Ideas para Producir celebrou o venres 28 de novembro, no Coruña Estudio Inmersivo (CEI), a xornada central da súa 19ª edición coa presentación de 17 proxectos de cinema e televisión ante os decision makers de canles e plataformas. Organizado polo Clúster Audiovisual Galego, este evento boutique reúne a máis de 150 persoas na Coruña, facilita alianzas creativas e comerciais, e promove a venda, financiación, distribución e coprodución de contidos audiovisuais. 

Volver
+ info

17ª edición do pitching "I+P, Ideas para Producir"

04-12-2023

Case un cento de profesionais da industria audiovisual reuníronse o día 1 de decembro no centro Ágora da Coruña para participar na 17ª edición do pitching “I+P, Ideas para Producir”, que organizou o Clúster Audiovisual Galego. Produtores, guionistas e creadores de contidos de cine e televisión buscaban alianzas comerciais coas principais televisións, plataformas e distribuidoras do noso país. 




Volver
+ info

6ª edición Pitching TFG

30-01-2023

Un total de 14 proxectos audiovisuais presentáronse o día 26 de xaneiro, en Pontevedra, diante de profesionais do sector. Estes traballos conformaron a 6ª edición do Pitching TFG (Traballos Fin de Grao), que organiza o Clúster Audiovisual Galego en colaboración coas Universidades de Vigo, Santiago de Compostela e da Coruña, e este ano tamén do Clúster Audiovisual de Catalunya. 




Volver
+ info

16ª edición do pitching "I+P, Ideas para Producir"

05-12-2022

A Coruña foi o escenario os días 1 e 2 de decembro da celebración da 16ª edición do pitching “I+P, Ideas para Producir” na que participaron máis dun centenar de profesionais do audiovisual de toda España. 



Volver
+ info

15° edición do pitching “I+P, Ideas para Producir”

02-12-2021

Pontevedra acolleu os días 30 de novembro e 1 de decembro de 2021 a celebración da 15ª edición do pitching “I+P, Ideas para Producir” na que participan máis dun centenar de profesionais do audiovisual de toda España. 

Volver
+ info

2ª edición do Pitching TFG coas Universidades galegas

18-12-2018

Santiago acolleu o pasado venres, día 14, a 2ª edición do Pitching TFG (Traballos Fin de Grao), organizada polo Clúster Audiovisual Galego, en colaboración coas tres Universidades de Galicia, a través das facultades de Comunicación Audiovisual. Durante a xornada presentáronse 16 proxectos diante de empresas dos sectores audiovisual e TIC.



Volver
+ info

12ª edición do pitching "I+P Ideas para producir"

26-11-2018

Pontevedra acolleu  o días 20 e 21 de novembro a 12ª edición do pitching “I+P Ideas para producir” na que participaron máis dun cento de profesionais do audiovisual de toda España.  



Volver
+ info

11º Pitching "I+P Ideas para producir"

23-11-2017

Máis dun cento de profesionais do audiovisual de toda España participaron, os días 22 e 23 de novembro en Santiago, na 11ª edición do pitching “I+P Ideas para producir”, organizada polo Clúster Audiovisual Galego, na busca de financiamento ou distribución para os seus proxectos. O I+P conecta proxectos de cine e ficción en distintas fases de desenvolvemento con canles de televisión, produtoras e distribuidoras de primeiro nivel e ten como obxectivo favorecer acordos comerciais para a produción ou venda de novos proxectos.

Volver
+ info

I Edición do Pitching TFG coas Universidades galegas

15-12-2017

I edición do Pitching TFG (Traballos Fin de Grao), organizada polo Clúster Audiovisual Galego en colaboración coas Universidades de Vigo e da Coruña, acolleu o pasado venres, día 15, en Santiago, a presentación de 13 proxectos audiovisuais de alumnos destas dúas Universidades diante de profesionais do sector galego. Durante a xornada, os alumnos tiveron a oportunidade de testar os seus traballos con empresas socias do Clúster, e puideron coñecer as valoracións dos produtores respecto dos proxectos.

Volver
+ info

Coloquio ICAA - Produtores do sector audiovisual de Galicia

15-06-2017

A Cidade da Cultura acolleu, en Santiago, unha nova edición dos “Coloquios Clúster” organizados polo Clúster Audiovisual Galego entre representantes do Instituto de la Ciencias y las Artes Cinematográficas (ICAA) e o sector audiovisual de Galicia. 

Volver
+ info

Sesión sobre o aproveitamento polas empresas do sector audiovisual da liña de axudas á dixitalización Industria 4.0 do IGAPE

15-06-2017

O venres 15 de decembro tivo lugar en Santiago o Pre-obradoiro: “Aproveitamento polas empresas do sector audiovisual da liña de axudas á dixitalización Industria 4.0 do IGAPE”, organizado polo Clúster Audiovisual Galego para os socios, en colaboración co Clúster TIC Galicia. Durante o encontro expuxéronse as condicións das novas axudas do organismo autonómico á dixitalización Industria 4.0, para que as empresas do sector audiovisual fagan un aproveitamento óptimo das mesmas.

Volver
+ info

Xornada: Fiscalidade para a Produción de Contidos Audiovisuais

24-05-2017

Clúster Audiovisual Galego celebrou o día 24 de maio na súa sede en Santiago, unha xornada sobre Fiscalidade para a Produción de Contidos Audiovisuais, en colaboración con Barrilero y Asociados.

Volver
+ info

Formación

Temos unha oferta formativa empresarial e tecnolóxica ao alcance dos nosos socios. No Plan empresa proporcionamos ferramentas de xestión na área financeira, legal, de comercialización e marketing. Mentres que no Plan tecnolóxico o noso obxectivo é formar aos técnicos audiovisuais en técnicas de última xeración.
Webinario:
Webinario: "A certificación ambiental nas producións audiovisuais"

29-04-2026

Webinario:
Webinario: "O xemelgo dixital no sector audiovisual"

17-11-2025

Webinario:
Webinario: "A sustentabilidade no sector audiovisual"

29-04-2025

Webinario:
Webinario: "O impacto da intelixencia artificial na industria audiovisual"

13-03-2025

Cursos de Produción Virtual e Avanzada
Cursos de Produción Virtual e Avanzada

03-06-2024

Obradoiro online: “A música que soa: Dereitos e recursos musicais para a produción de contidos”
Obradoiro online: “A música que soa: Dereitos e recursos musicais para a produción de contidos”

23-05-2022

Webinar: A xestión de gastos nos sector audiovisual
Webinar: A xestión de gastos nos sector audiovisual

18-07-2022

Webinar: Como afecta a reforma laboral ao sector audivoisual
Webinar: Como afecta a reforma laboral ao sector audivoisual

28-02-2022

<p>Presentación do ciclo de FP Dual no sector audiovisual</p>

Presentación do ciclo de FP Dual no sector audiovisual

12-06-2019



Webinario: "A certificación ambiental nas producións audiovisuais"

29-04-2026

O Clúster Audiovisual Galego, en colaboración con Vacalouras, celebrou o martes 24 de marzo, ás 10:00 horas, o webinario "A certificación ambiental nas producións audiovisuais". A certificación ambiental é un recoñecemento que se outorga ás producións que cumpren cuns criterios de sustentabilidade e que realizan un esforzo para reducir a súas emisións de carbono. Estes certificados avalan que os métodos de traballo e os materiais empregados responden a uns estándares ecolóxicos e sostibles. Nesta sesión explicárnonse as características dos principais tipos de certificacións ambientais para as producións audiovisuais.

Volver
+ info

Webinario: "O xemelgo dixital no sector audiovisual"

17-11-2025

O Clúster Audiovisual Galego celebrou o xoves 13 de novembro o webinario “O xemelgo dixital no sector audiovisual”. Os xemelgos dixitais son réplicas virtuais que melloran a produción e eficiencia en diversas industrias, converténdose nunha ferramenta fundamental para a transformación tecnolóxica de diversos sectores, entre eles o audiovisual. Durante esta sesión analizáronse como funcionan os xemelgos dixitais e víronse algunhas aplicacións no ámbito do audiovisual.




Volver
+ info

Webinario: "A sustentabilidade no sector audiovisual"

29-04-2025

O Clúster Audiovisual Galego, en colaboración con La Tribu Verde, celebrou o webinar “A sustentabilidade no sector audiovisual”. A sustentabilidade é cada vez máis necesaria no noso sector, pero a súa aplicación segue xerando dúbidas. Cal é o papel do Eco Manager nunha rodaxe? Como reducir o impacto ambiental sen afectar á produción? Nesta sesión exploráronse as claves para implementar medidas efectivas e cumprir cos estándares de sustentabilidade na industria.

Volver
+ info

Webinario: "O impacto da intelixencia artificial na industria audiovisual"

13-03-2025

O Clúster Audiovisual Galego celebrou o martes 11 de marzo, ás 10:00 horas, o webinario "O impacto da intelixencia artificial na industria audiovisual". O uso da IA no sector audiovisual xera un grande interese polo útil destas ferramentas, pero ao mesmo tempo desconcerto en canto á protección xurídica do resultado. O Dereito a día de hoxe non ofrece unha solución legal clara, con todo é consciente da necesidade urxente de dar saída a este reto xurídico. Poden ser obxecto de propiedade intelectual as obras creadas a través de IA xerativa? Quen é o autor destas obras? A IA vulnera dereitos de autor das obras preexistentes?


Volver
+ info

Cursos de Produción Virtual e Avanzada

03-06-2024

O Clúster Audiovisual Galego celebrou nos anos 2023 e 2024 dúas edicións dos cursos “Produción avanzada para produtores. Ferramentas técnicas, económicas e legais para a dirección e coordinación de produción en cine e televisión” e  “Produción virtual. Unreal Engine e Aximmetry en entornos de plató virtual”.




Volver
+ info

Obradoiro online: “A música que soa: Dereitos e recursos musicais para a produción de contidos”

23-05-2022

O Clúster Audiovisual Galego, en colaboración con Music Library & SFX, celebraou o día 20 de maio o obradoiro online “A música que soa: Dereitos e recursos musicais para a produción de contidos”. A banda sonora e musical son elementos que fan que calquera audiovisual se volva máis atractivo, axudando a crear unha atmosfera que conduce ao espectador dentro do contido. Pero non toda música pode ser utilizada como elemento de fondo. O motivo? Principalmente, os dereitos de autor. Non só pola lexislación local, senón tamén pola lexislación da maioría dos países que protexen o labor creativo.

Volver
+ info

Webinar: A xestión de gastos nos sector audiovisual

18-07-2022

O Clúster Audiovisual Galego, en colaboración con Fuell, celebrou o 15 de xullo o webinar "A xestión de gastos no sector audiovisual". Fuell é a empresa líder na xestión de gastos corporativos especializada no sector audiovisual, que traballa con algunhas das produtoras de máis prestixio en España, como Filmax, Nostromo, Morena Films ou Plano a Plano.

Volver
+ info

Webinar: Como afecta a reforma laboral ao sector audivoisual

28-02-2022

O Clúster Audiovisual Galego celebrou, en colaboración co Bufete Barrilero y Asociados, o día 25 de febreiro, o webinar “Como afecta a reforma laboral ao sector audiovisual" dirixido ás empresas socias do Clúster.




Volver
+ info

Presentación do ciclo de FP Dual no sector audiovisual

12-06-2019

O Clúster Audiovisual Galego celebrou o 11 de xuño de 2019 unha presentación para os seus asociados do Ciclo de FP Dual no sector audiovisual, na que se explicou o seu funcionamento, os principais beneficios para as empresas colaboradoras e se aclararon todas as dúbidas que as empresas tiñan ao respecto.



Volver
+ info

Webinario: "A certificación ambiental nas producións audiovisuais"

29-04-2026

O Clúster Audiovisual Galego, en colaboración con Vacalouras, celebrou o martes 24 de marzo, ás 10:00 horas, o webinario "A certificación ambiental nas producións audiovisuais". A certificación ambiental é un recoñecemento que se outorga ás producións que cumpren cuns criterios de sustentabilidade e que realizan un esforzo para reducir a súas emisións de carbono. Estes certificados avalan que os métodos de traballo e os materiais empregados responden a uns estándares ecolóxicos e sostibles. Nesta sesión explicárnonse as características dos principais tipos de certificacións ambientais para as producións audiovisuais.

Volver
+ info

Misión comercial directa Series Mania Forum 2026

27-03-2026

As produtoras Portocabo e Setemedia participaron no mercado internacional Series Mania Forum 2026, que se celebrou no mes de marzo na localidade francesa de Lille, no marco dunha misión comercial promovida polo Clúster Audiovisual Galego.




Volver
+ info

Misión comercial directa EFM/Berlinale 2026

20-02-2026

As produtoras Miraveo e Portocabo participaron na 76ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, Berlinale, conformando a delegación comercial promovida polo Clúster Audiovisual Galego neste evento, co obxectivo de reforzar a internacionalización das empresas galegas.



Volver
+ info