O Clúster Audiovisual Galego, en colaboración con La Tribu Verde, celebrou
o webinar
“A sustentabilidade no sector audiovisual”. A sustentabilidade é
cada vez máis necesaria no noso sector, pero a súa aplicación segue xerando
dúbidas. Cal é o papel do Eco Manager nunha rodaxe? Como reducir o impacto ambiental sen afectar á produción? Nesta sesión exploráronse as claves para implementar medidas efectivas e cumprir cos estándares de sustentabilidade na industria.
