Cluster Audiovisual Galego

Proxecto MEDRETIA

O Clúster Audiovisual Galego lidera o proxecto MEDRETIA baseado en técnicas de intelixencia artificial, que ten como principal obxectivo o desenvolvemento de predicións a partir de datos multisectoriais.

Ademais do Clúster, participan no proxecto a Asociación para a Dixitalización da Industria de Galicia, Galicia Digital-DIHGIGAL, o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as empresas Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG), Duacode e Selmark.

MEDRETIA céntrase en determinar un sistema intelixente para a predición de éxito (audiovisual) e vendas (téxtil) dos produtos monitorizados permitíndolles ás empresas adiantarse ás necesidades do mercado en base aos datos históricos de temporadas anteriores. Neste sentido, CRTVG traballou nun modelo que determinara o éxito dunha produción audiovisual, centrándose nas series, e Selmark en modelos de predición de demanda semanal para a súa tenda en liña e para diferentes puntos de venda, en colaboración co ITG.

MEDRETIA conta co apoio do programa de axudas para Agrupacións Empresariais Innovadoras do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo na súa segunda convocatoria do ano 2022.


Co financiamento de: