O Clúster Audiovisual Galego celebrou, en colaboración co Bufete Barrilero y Asociados, o día 25 de febreiro, o webinar “Como afecta a reforma laboral ao sector audiovisual" dirixido ás empresas socias do Clúster.
Neste webinar os representantes do despacho Barrilero y Asociados, José Ramón Mínguez e Cristina Bastante, aportaron información sobre os aspectos máis relevantes da reforma laboral de interese para o sector audiovisual.