O Clúster Audiovisual Galego, en colaboración con Music Library & SFX, celebraou o día 20 de maio o obradoiro online “A música que soa: Dereitos e recursos musicais para a produción de contidos”. A banda sonora e musical son elementos que fan que calquera audiovisual se volva máis atractivo, axudando a crear unha atmosfera que conduce ao espectador dentro do contido. Pero non toda música pode ser utilizada como elemento de fondo. O motivo? Principalmente, os dereitos de autor. Non só pola lexislación local, senón tamén pola lexislación da maioría dos países que protexen o labor creativo.
De maneira didáctica e informativa, a través dunha charla explicáronse os elementos básicos a ter en conta para a utilización da música en producións audiovisuais. Ademais, ofreceuse unha vista xeral sobre os recursos musicais dispoñibles aos creadores audiovisuais e analizouse o que pode aportar a música a contidos audiovisuais, tamén presentando exemplos.
O obradoiro foi impartido por parte do experimentado equipo de profesionais do departamento de copyright e desenvolvemento de negocio de Music Library &SFX