Cluster Audiovisual Galego

Webinario: "O xemelgo dixital no sector audiovisual"

O Clúster Audiovisual Galego celebrou o xoves 13 de novembro o webinario “O xemelgo dixital no sector audiovisual”. Os xemelgos dixitais son réplicas virtuais que melloran a produción e eficiencia en diversas industrias, converténdose nunha ferramenta fundamental para a transformación tecnolóxica de diversos sectores, entre eles o audiovisual. Durante esta sesión analizáronse como funcionan os xemelgos dixitais e víronse algunhas aplicacións no ámbito do audiovisual.

Axenda

10:00/10:05h Benvida – Gaspar Broullón, vicepresidente do Clúster Audiovisual Galego.

10:05/10:45h O xemelgo dixital no sector audiovisual. Manuel Meijide, director de Mundos Digitales.

10:45/11:00h Preguntas dos asistentes.

Contidos da sesión

  • Definición de xemelgo dixital.
  • Diferencia con tecnoloxías semellantes, como realidade virtual e simulación.
  • O xemelgo dixital como creación de réplicas virtuais para análise e predición.
  • Como funcionan os xemelgos dixitais?
  • Exemplos de xemelgos dixitais no sector audiovisual.