O Clúster Audiovisual Galego, en colaboración con Vacalouras, celebrou o
martes 24 de marzo, ás 10:00 horas, o
webinario "A certificación ambiental nas producións audiovisuais". A certificación ambiental é un recoñecemento que se outorga ás producións que cumpren cuns criterios de sustentabilidade e que realizan un esforzo para reducir a súas emisións de carbono. Estes certificados avalan que os métodos de traballo e os materiais empregados responden a uns estándares ecolóxicos e sostibles. Nesta sesión explicárnonse as características dos principais tipos de certificacións ambientais para as producións audiovisuais.