Cluster Audiovisual Galego

Misión comercial directa Celtic Media Festival 2025

O audiovisual galego estivo amplamente representado no Celtic Media Festival 2025, que se celebrou do 3 ao 5 de xuño en Newquay (Gales). Unha delegación empresarial impulsada polo Clúster e conformada polas produtoras Miraveo, Portocabo, Setemedia Undodez viaxou ata Gales para participar neste festival que promove a cultura e linguas dos países celtas nos ámbitos do cinema, a televisión, a radio e os novos medios de comunicación.

O Celtic Media Festival ten lugar desde hai 46 anos de forma rotatoria entre Irlanda, Escocia, Gales, Illa de Man, Cornualles e a Bretaña francesa. Trátase dunha cita obrigada para poñer en valor os produtos audiovisuais galegos no ámbito internacional. Entre os representantes galegos neste evento tamén se estivo a nosa asociada a Televisión de Galicia. Durante o certame a canle autonómica estableceu sinerxías con televisións internacionais europeas, que posibilitan, entre outras cousas, acordos de cesión de contidos e proxectos comúns.

Ademais, a súa produción “Pesca total” foi galardoada co premio do Celtic Media Festival na categoría de Factual Entertainment (entretemento baseado en feitos reais) no transcurso dunha gala.

“Pesca total” é un reality en que seis concursantes compiten por converterse en mariñeiros a bordo do barco “Praia de Sanxenxo”. Emitido xa na TVG, “Pesca total” competía con catro proxectos finalistas da BBC, un da canle irlandesa TG4 e outro da televisión de Gales S4C.

Esta é a segunda vez nos 40 anos de vida da canle pública que un programa de TVG de non ficción recibe un premio internacional, despois do acadado polo informativo de humor “Malicia noticias” en 2022. Neste foro profesional europeo recoñécense cada ano os mellores traballos do sector en televisión, radio e novos medios dos países celtas.