Cluster Audiovisual Galego

Misión empresarial do audiovisual galego a Series Mania 2022

As empresas Ficción Producciones, Kairos e Producciones Audiovisuales Setemedia conformaron a delegación empresarial do audiovisual galego en Series Mania 2022, que se celebrou en Lille (Francia) no mes de marzo, e que promoveu o Clúster. Os membros da delegación galega participaron no Series Mania Forum, onde se deron cita milleiros de executivos da televisión de todo o mundo.  

O Clúster facilitou así o encontro da delegación galega con profesionais do mundo das series que se deron cita na localidade francesa para presentar novos proxectos en busca de financiamento, celebrar reunións para posibles coproducións e debater sobre o estado do sector.

A misión directa do Clúster enmarcouse dentro do Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios e contou co apoio financeiro do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), da Xunta de Galicia e da Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. 

Series Mania  é un dos eventos de ficción seriada máis importantes de Europa e se celebra esta semana na cidade francesa de Lille. Arredor de conferencias, sesións de pitching de proxectos e screenings reúnense os principais executivos do mundo da televisión, converténdose nun lugar de networking imprescindible para os produtores deste tipo de contidos. Ademais, dentro do festival celébrase un dos foros de coprodución máis importantes do panorama audiovisual europeo.