O Clúster Audiovisual Galego artellou o Proxecto E-Dobraxe,consistente na creación dunha solución innovadora (Plataforma tecnolóxica web) que permita xestionar, integrar e visualizar a información necesaria para que as empresas poidan xestionar de maneira eficiente as tarefas de dobraxe de contidos audiovisuais.
O proxecto contou co financiamento do programa de axudas a Agrupacións Empresariais Innovadoras 2021 do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo.
Participaron neste proxecto as empresas Studio XXI, BabalúStudio, Cinema Iberolusa, Cinemar Films e Penteo Films, ademais do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG).
Co apoio de:
