Cluster Audiovisual Galego

Webinar: A xestión de gastos nos sector audiovisual

O Clúster Audiovisual Galego, en colaboración con Fuell, celebrou o 15 de xullo o webinar "A xestión de gastos no sector audiovisual". Fuell é a empresa líder na xestión de gastos corporativos especializada no sector audiovisual, que traballa con algunhas das produtoras de máis prestixio en España, como Filmax, Nostromo, Morena Films ou Plano a Plano.

Fuell facilita a xestión e xustificación de gastos corporativos durante producións, proporcionando tarxetas físicas e virtuais aos empregados e un software de xestión de gastos. É unha plataforma flexible que se adapta á alta rotación de persoal vinculado a producións e rodaxes. 

Por un tempo limitado, Fuell ofrece aos membros do Clúster Audiovisual Galego unha oferta especial, que foi presentada durante o webinar.