As compañías Ficción Producciones e Producciones Audiovisuales Setemedia participaron en Content London 2022, o mercado de coprodución de series e contidos para televisión celebrado na cidade londinense. Ambas produtoras integraron a delegación do audiovisual galego neste foro, que foi promovida polo Clúster Audiovisual Galego.
Desta maneira, o Clúster, co apoio do Igape, facilitou a presencia de profesionais no mercado de coprodución e conferencias sobre series de TV, Content London, que supón un encontro imprescindible para a coprodución europea de televisión.
Os empresarios máis importantes do sector en todo o mundo reuníronse arredor de conferencias e screenings, xerando un networking imprescindible para os produtores galegos que queiran internacionalizar a súa empresa pola vía da coprodución internacional para TV.
A misión directa do Clúster enmarcouse dentro do Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios e contou co apoio financeiro do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), da Xunta de Galicia e da Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.