Cluster Audiovisual Galego

Misión comercial directa Series Mania Forum 2026

As produtoras Portocabo e Setemedia participaron no mercado internacional Series Mania Forum 2026, que se celebrou no mes de marzo na localidade francesa de Lille, no marco dunha misión comercial promovida polo Clúster Audiovisual Galego.

O Series Mania Forum 2026 volve consolidarse como un dos mercados profesionais máis influentes de Europa para a industria das series. Cada edición reúne a produtoras, plataformas, televisións, distribuidoras e axentes de financiamento de todo o mundo, converténdose nun espazo decisivo para detectar tendencias, pechar acordos e dar visibilidade a novos proxectos.

A presenza galega en Series Mania Forum reforza a internacionalización do sector, a captación de investimento para proxectos locais e a proxección de talento que xa está a destacar no panorama estatal.

Para as nosas produtoras asociadas, a edición de 2026 supuxo unha nova ocasión para consolidar alianzas, presentar proxectos e reforzar a presenza do audiovisual galego nun dos foros máis influentes do continente.