Cluster Audiovisual Galego

Webinario: "O impacto da intelixencia artificial na industria audiovisual"

O Clúster Audiovisual Galego celebrou o martes 11 de marzo, ás 10:00 horas, o webinario "O impacto da intelixencia artificial na industria audiovisual". O uso da IA no sector audiovisual xera un grande interese polo útil destas ferramentas, pero ao mesmo tempo desconcerto en canto á protección xurídica do resultado. O Dereito a día de hoxe non ofrece unha solución legal clara, con todo é consciente da necesidade urxente de dar saída a este reto xurídico. Poden ser obxecto de propiedade intelectual as obras creadas a través de IA xerativa? Quen é o autor destas obras? A IA vulnera dereitos de autor das obras preexistentes?

Axenda:

10:00 - 10:05 h. Benvida – Gaspar Broullón, vicepresidente do Clúster Audiovisual Galego

10:05 - 10:45 h. O impacto da IA na industria audiovisual – Ramón Rey, director de Castelao Abogados

10:45 - 11:00 h. Preguntas dos asistentes

Contidos da sesión:

          • O uso da IA na obra audiovisual.

          • A protección das obras creadas a través de IA.

          • O marco normativo das localizacións xeradas a través de IA.

          • Regulación presente e futura da IA.