Cluster Audiovisual Galego

Proxecto PLATVR

PLATVR: Intelixencia Artificial Creativa para platós virtuais plantea unha investigación sobre modelos de IA xerativa (GAN) que permitan xerar imaxes bidimensionais a partir de técnicas de procesado da linguaxe natural para trasladar a información de contexto aos modelos de IA xerativa. Por outra banda, unha vez seleccionado o escenario (imaxe 2D) traballarase na aplicación de técnicas de IA baseadas en Deep Learning que permitan a conversión desta a escenario 3D de forma que a súa integración nos platós virtuais ofreza unha experiencia máis realista e inmersiva, ao outorgar a capacidade de movemento das cámaras nos platós virtuais.

proxecto colaborativo PLATVR está liderado polo Clúster Audiovisual Galego e conta coa colaboración de ITG, ademais do Clúster Audiovisual de AragónTe Mo e Magic Fennec, e está financiado polo Ministerio de Industria, Comercio y Turismo, a través do programa de apoio a Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) en 2023.