O 27 de maio de 2014 celebrouse na Coruña a xornada do
Clúster Audiovisual Galego (Clag) "Transferencia de tecnoloxía no sector audiovisual", en colaboración co Centro de Investigación TIC da Coruña (CITIC). Esta xornada serviu de encontro entre empresas do sector audiovisual e o centro de investigación CITIC como potencial socio tecnolóxico no ámbito de tecnoloxías TIC.
O presidente do
Clúster Audioviusal Galego (Clag),
Andrés Barbé, e o coordinador do CITI,
Sebástián Baamonde, abriron a sesión, na que se favoreceu e estimulou o desenvolvemento de proxectos ou inicitivas en colaboración entre as empresas e o centro de investigación.
Na xornada de hoxe, en primeiro lugar,
presentáronse as liñas de investigación do CITIC para expoñer a súa oferta tecnolóxica para o sector audiovisual a cargo de Jesús Díaz López, responsable da Oficina de Transferencia CITIC.
A continuación, expuxéronse as liñas de investigación do
GRUPO MADS, a cargo de Javier Taibo; do
GRUPO LIDIA, a cargo da súa investigadora principal, Amparo Alonso, e do
GRUPO VARPA, a cargo de Manuel González Penedo, tamén o seu investigador principal.
Seguidamente, expúxoselles aos asistentes o caso de
colaboración do CITIC co Clúster Audiovisual Galego e co Cluster TIC, por Miguel Barreiro de Syntheractive, S.L. e Rosa Méndez, do Cluster TIC Galicia, sobre o proxecto
Participa TV. Finalmente, na xornada de hoxe abordáronse as
principais demandas de investigación e desenvolvemento TIC no sector audiovisual a cargo de
Esther Medina, directora de Innovación e Novas Canles de
CRTVG e vogal de I+D+i do
Clúster Audiovisual Galego, e Castor Alonso Santoro, de SPICA.
Entre os obxectivos da xornada tamén estiveron o aproveitamento das capacidades dos grupos de investigación relacionados coa industria audiovisual e o poñer a disposición das empresas dunha oferta de servizos tecnolóxicos especializados para o sector audiovisual.