Cluster Audiovisual Galego

Misión comercial directa EFM/Berlinale 2026

As produtoras Miraveo e Portocabo participaron na 76ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, Berlinale, conformando a delegación comercial promovida polo Clúster Audiovisual Galego neste evento, co obxectivo de reforzar a internacionalización das empresas galegas.

A Berlinale é unha das citas cinematográficas máis prestixiosas de Europa. Neste 2026, e en paralelo ao festival, celebrouse unha nova edición do European Film Market, espazo dedicado ao negocio profesional da industria do cinema, que reúne a máis de 12.000 visitantes do sector, incluíndo a axentes de vendas, produtores e comisións de cinema de todo o mundo.

Este mercado supuxo, polo tanto, unha excelente oportunidade para que as nosas asociadas puideran establecer contactos comerciais, pechar acordos de coprodución ou vender os dereitos de reprodución dos seus contidos para series, películas, animación ou documentais.