As compañías Vaca Films e Frida Films, o produtor Xosé Zapata e a CEO de Pulpa Rights, Verónica Buide, participaron en maio na 64ª edición do Marché du Film do Festival de Cannes, que se celebrou no Palais des Festival et des Congrès, como integrantes dunha misión comercial a este mercado promovida polo Clúster Audiovisual Galego.
A edición de 2024 ofreceu novas oportunidades de impulso e visibilidade á industria cinematográfica do noso país. Un total de 50 empresas españolas do sector do cine e atracción de rodaxes formaron parte do encontro profesional, considerado o mercado cinematográfico máis importante do mundo.
Entre os obxectivos deste mercado está reunir aos diferentes actores da industria audiovisual para establecer conexións e discutir oportunidades de negocio como colaboracións e coproducións, financiación e distribución.
Na década de 2020, máis de 12.500 profesionais da industria cinematográfica presentan anualmente arredor de 4.000 películas e proxectos no Marché du Film, xerando acordos multimillonarios e unha facturación total de entre 600.000 e 1.000 millóns de dólares.
