Cluster Audiovisual Galego

Filmax presenta o tráiler oficial de "Cowgirl", que se estreará en cines o 22 de maio

30-04-2026

A comedia romántica “Cowgirl”, protagonizada por Isabel Rocatti, Carlos Cuevas, Pep Munné e Joaquín Climent, xa ten tráiler oficial. Dirixida por Cristina Fernández Pintado e Miguel Llorens, estrearase en cines o 22 de maio da man da nosa asociada Filmax.


Completan a repartición Carles Sanjaime, Verónica Andrés e Àngel Fígols, e conta coa colaboración especial de Mamen García e Amparo Fernández. Rafael Albert asina o guion, coa colaboración de Cristina Fernández Pintado e Miguel Llorens. Unha feel good-movie de personaxes entrañables e que pon en valor a vida rodeada de natureza.

Sinopse

Empar, unha granxeira de 60 anos, necesita que a súa vaca Tona quede preñada para manter a súa granxa. Tras varios intentos errados, pide axuda a Bernat, dono da maior granxa da zona. Cando Tona o consegue, o veterinario advirte que a xestación é de risco. Empar enfróntase ao pobo para protexer a tranquilidade da súa vaca. Coa axuda de Riqui, un mozo recentemente chegado, e Bernat, descubrirá que nunca é tarde para comezar de novo. 

Rodada no parque natural da Tinença de Benifassà e nas comarcas do Maestrat e Els Ports de “Cowgirl” é unha produción de The Fly Hunter, Aguacate & Cabaza Films e Produccions Quart; coa produción e produción executiva de Lorena Torres, Núria Velasco, Anaïs Schaaff e Abigail Schaaff, e a produción delegada de Jorge Velasco. Conta coa participación de RTVE, À Punt, 3Cat, e co apoio de IVC e ICEC.