Cluster Audiovisual Galego

“Rapa, xente ao monte”, de Alejandro Enríquez, gaña o premio a Mellor Documental Nacional na 19ª edición de Ecozine Film Festival

29-04-2026

A española “Rapa, xente ao monte”, de Alejandro Enríquez da nosa produtora asociada Mondotropo, unha longametraxe sobre a raza de cabalos galegos que está a desaparecer, gañou o premio en Longa Documental Nacional da 19ª edición de Ecozine Film Festival, proxectando a obra en Pamplona e Zaragoza.

O xurado encargado da concesión dos galardóns destacou de “Rapa, xente ao monte” a súa capacidade inmersiva, a súa calidade visual como e narrativa, e o feito de que expoña a necesidade de supervivencia dun territorio a través da súa tradición, e ao mesmo o desamparo dun territorio baleirado; por ser capaz de encarnar a emoción dos seus personaxes, a soidade e as súas dificultades, a transcendencia interxeracional e a importancia de pertencer ao ritual da rapa.

Alejandro Enríquez agradeceu o premio para o seu filme que vai, dixo, sobre a relación coa natureza e a vida salvaxe e subliñou que o certame permita a unión de diversos cineastas, en distintos territorios para achegar o seu gran de area con respecto ao problema medio ambiental e axudar a crear conciencia.