“Océano Titánico” (Frida Films) estrearase no Festival de Cannes 2026
A película “Océano Titánico”, de Konstantina Kotzamani, con coprodución da nosa asociada Frida Films, terá a súa estrea mundial na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes 2026.
Sinopse
Dentro da Escola de Sirenas cada alumna ten a súa propia historia privada e a súa razón para estar alí. Deambulan por piscinas e corredores cos seus alter egos de sirenas creados por aplicacións móbiles e accesorios de luxo, nun contexto de rigoroso adestramento e disciplina.
A película foi apoiada polo Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e o Institut Català de lles Empreses Culturals (ICEC).