Localización: A Coruña
Enderezo: Rúa Cantón Grande, 9 Planta 3 - 15003 A Coruña
Teléfono: +34 981 173 206
email: itg@itg.es
Localización: A Coruña
Enderezo: C/ Nicaragua 16, Bajo D, 15005 A Coruña
Teléfono: +34 881 917 566
email: info@vacafilms.com
Localización: Pontedeume (A Coruña)
Enderezo: Rúa Porto, 21 3º A 15600 - Pontedeume
Teléfono: +34 649 157 674 / +34 648 124 170
email: somosvacalouras@gmail.com
Estudio creativo especializado en dirección visual e narrativa cinematográfica, con experiencia en produción virtual e pipelines en tempo real con Unreal Engine, concept art, storyboarding e desenvolvemento de mundos visuais para cinema, videoxogos e contidos inmersivos.
Adivina é unha compañía formada por especialistas nas áreas técnica, creativa e de xestión do medio audiovisual. Comezou a producir televisión nos anos 80 e hoxe desenvolve proxectos para contidos de base tecnolóxica. Nas súas instalacións da Coruña, conta con estacións de montaxe, cámaras 4K, 360, VR estereoscópico e un plató con ciclorama croma. Entre as súas películas de ficción destacan "El niño de barro", "Un Franco 14 pesetas", ou "Inevitable"; as tres con distribución internacional e numerosos premios. Entre os programas para televisión encóntranse "Galicia On", "Conexións" ou "Galicia Visual". Na área documental produciu, entre outros, "Camino de Santiago, el origen" ou "La mirada de Anna". O seu departamento de innovación traballa actualmente en contidos de realidade virtual.
Laboratorio dixital e Postprodución de imaxe. Servizos de DIT en rodaxe, edición (salas de edición e edición na nube), Color Grading e deliveries dixitais. Deseño de fluxos de traballo, xestión de cor, xestión de media e supervisión de postprodución.
Consultora en comunicación corporativa con servizos 360. Unha das áreas de traballo máis importantes da nosa empresa é a produción audiovisual e a colaboración no desenvolvemento de eventos musicais.
CREA é unha asociación profesional sen ánimo de lucro fundada no ano 2002, que ten como obxectivo principal a defensa dos intereses dos directores e realizadores do sector audiovisual en Galicia.
CREA aposta pola defensa da creatividade, polo talento, a formación continua e a mellora das capacidades dos creadores galegos como elemento fundamental para o desenvolvemento do sector audiovisual.
Estudio de gravación e edición de audio, con 20 anos de actividade en Galicia, na que elevamos a nivel profesional a actividade publicitaria en medios de comunicación. Tarefa que iniciamos todo o equipo no primeiro estudio de gravación dixital de Galicia, o desaparecido Estudio Voz.
Dispoñemos de 280m2 de instalacións amplas, equipadas con sistema de ventilación de renovación de aire e teitos altos, o que nos permitiu manter a nosa actividade en tempo de pandemia. Somos o único estudio que non cerreu nin un só día durante o ano 2020.
As nosas actividades desenvólvense en todos os campos publicitarios. Radio, televisión, internet, RRSS. Tamén sonorizamos vídeos corporativos en varios idiomas, curtametraxes, subtitulados e dobraxe.
Os nosos clientes poden dirixir e supervisar as gravacións en sala a tempo real sen necesidade de desprazarse co conseguinte aforro de tempo.
A Fundación Paideia é unha entidade sen ánimo de lucro, titular do Centro de Iniciativas Empresariais MANS que ten entre os seus obxectivos a realización de actividades dirixidas a favorecer a xeración e creación de empresas, así como o impulso e promoción do emprendemento.
Adicionalmente, conta cun estudio de gravación, ESTUDIOS MANS, a través do que, entre outras actividades, apoia e impulsa o sector audiovisual e musical en Galicia.
Mr. Fields and Friends Cinema é unha produtora cinematográfica que ten como intención o desenvolvemento e produción de películas cunha marcada vocación comercial sen perder de vista a calidade. Á fronte da produtora atópase Ramón Campos, creador e produtor executivo de series de éxito como “Gran Hotel”, “Velvet”, “Las chicas del cable”, “Fariña” ou “En el corredor de la muerte” e de documentais como “El caso Asunta”, “El caso Alcàsser” e “800 Metros” (Premio Ondas 2022).
Mr. Fields and Friends Cinema produciu no ano 2020 a longametraxe de terror “Malasaña 32” que superou os seiscentos mil espectadores sendo vendida a máis de 20 países. No mesmo ano produciu “El verano que vivimos” rodada en Jerez de la Frontera coa coprodución, ao igual ca anterior, de A3media e Warner. No ano 2022 estreou a película de Isaki Lacuesta,“Un año, una noche”, baseada nos atentados da sala Bataclán en Paris e que foi seleccionada na sección oficial da Berlinale e “13 Exorcismos”, a nova película de terror.
O Papaventos TV é unha produtora galega pertencente á de ámbito nacional La Cometa TV, cunha ampla experiencia na produción de programas de entretemento, magazines, concursos, talent shows, series de ficción e TV Movies para cadeas nacionais e autonómicas.
No ámbito do entretemento, contamos con títulos como "Españois en Conflitos” (TVE), "Valencians al mon” (*Á Punt), "Vascos polo Mundo" (ETB), "Madrileños polo
Mundo” (Telemadrid) ou “Bos días Boas tardes”, "Globais” (TVE internacional) e "+Cotas” (TVE). Dende outubro, TVG emite o noso magazine "Xuntos en directo” cada tarde de sábado e domingo. Un magazine de 4 horas de duración que abarca nostalxia, música,
concursos, entrevistas, debate e moito humor. Magazines diarios como "Xuntos” para Telemadrid, roadshows como “Dous na Estrada“tamén para Telemadrid, ou “Centenarios”, un programa de corte documental e divulgativo para Canal Sur.
Ademais, producimos documentais como “Tino Casal” (Atresmedia) e programas especiais como “lmaxina Madrid” ou “Vivir con orgullo” para Telemadrid. Na actualidade atopámonos gravando para CastiIla-La Mancha Media os programas “Tan lejos, tan cerca” e “Castellanomanchegos por el mundo” cuxa estrea producirase moi pronto.
O estudio PENTEO FILMS S.L. nace no ano 2004 ante a inminente aparición da TDT en España. Está completamente equipado cos máis modernos sistemas dixitais de gravación centralizados nun servidor, que aumenta o noso potencial de produción.
As nosas instalacións contan con salas polivalentes onde poder realizar dobraxes de calidade e todo tipo de gravacións dixitais con propostas moi competitivas.
Producciones Eche S.L. é unha empresa audiovisual con sede en Madrid e A Coruña, especializada en produción audiovisual de vídeos corporativos, streaming en directo, documentais e eventos. A produtora conta cun equipo técnico e creativo con ampla experiencia no sector, capaz de ofrecer solucións integrais que abranguen desde a preprodución e gravación ata a postprodución e edición final. O obxectivo da empresa é crear contidos audiovisuais de alta calidade que comuniquen, inspiren e xeren impacto.
Somos cazadores de historias. Creadores de contidos para Televisión, Cine, contido transmedia, Publicidade. Empresa de servizos audiovisuais.
Traballamos na produción de contidos audiovisuais en Galicia. Nacemos no 2012 da man do actor Xosé A. Touriñán, a quen se unen máis adiante os produtores Javi Lopa e Álvaro Pérez Becerra. Ao longo destes anos fomos quen de medrar sen presas, traballando nun xeito de facer na industria moi relacionado coas historias nas que cremos, e por suposto, co público.
Producimos contidos de ficción, de publicidade, e relacionados coa cultura. De diferentes xéneros e en disXntos formatos. Exploramos novas formas de facer, a través de produtos transmedia, e da innovación tecnolóxica aplicada aos procesos de produción.
Logo de moitos anos no sector, ofrecemos servizos de produción a outras empresas do sector, así como medios materiais e recursos profesionais para calquera proxecto audiovisual neste país.
Somos irmáns de Ainé, unha das produtoras de artes escénicas máis relevantes de Galicia, con quen comparXmos equipos, proxectos e filosofa de traballo.
A Universidade da Coruña foi creada pola Lei 11/1989 do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia. O Claustro Constituínte aprobou, o día 4 de febreiro de 1992, os Estatutos da Universidade que foron publicados no DOG do 17 de setembro de 1992.
A Universidade da Coruña está estruturada territorialmente en: campus da Coruña e campus de Ferrol.
É unha institución pública que ten como finalidade esencial a xeración, a xestión e a difusión de cultura e de coñecemento científico, tecnolóxico e profesional a través do desenvolvemento da investigación e da docencia.
A Universidade da Coruña concibe a súa finalidade esencial como un servizo público de calidade orientado á procura de maiores niveis de benestar para o conxunto da sociedade por medio avances sociais, científicos e tecnolóxicos nun marco de valores éticos xeralmente aceptados. Forma parte da misión da Universidade da Coruña a formación dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
A Universidade da Coruña manifesta explicitamente o seu compromiso co estudo e desenvolvemento integral de Galicia, singularmente da súa identidade social, cultural e lingüística, e asemade promoverá a súa plena integración no espazo europeo de ensino superior e a súa proxección en América Latina.
En canto ao eido do audiovisual, na Facultade de Ciencias da Comunicación se imparten o grao en Comunicación Audiovisual e o grao de Creación Dixital, Animación e Videoxogos e mailo máster universitario en Produción Xornalística e Audiovisual.
|
A Universidade de Santiago de Compostela é unha institución pública dotada de plena personalidade xurídica e patrimonio propio, constituída polos campus de Santiago de Compostela e Lugo, que asume e desenvolve as súas funcións como servizo público esencial á comunidade mediante o estudo, a docencia, a investigación e a transferencia do coñecemento, actividades para as que goza de autonomía, de acordo cos seus estatutos e no marco da lexislación vixente. |
Ofrecemos, por unha banda, servizos artísticos; dirección de arte, ambientación, rexiduría e atrezzo, a nosa profesión por máis de 25 anos.
Por outra, somos eco managers e estamos en disposición de realizar estudos de impacto ambiental, plans de sustentabilidade e informes deste impacto, todo coa súa certificación.