Vixilancia tecnolóxica e intelixencia competitiva
Difundimos as convocatorias e as accións de interese para as nosas empresas asociadas.
Elaboramos e poñemos a disposición dos nosos socios informes propios e informes que proceden de fontes específicas para mellorar o desenvolvemento e análise da realidade audiovisual con tan só un clic.
Asesoría xurídica
Ofrecemos a todas as nosas empresas asociadas asesoramento legal especializado na área da propiedade intelectual e a contratación audiovisual.
Servizo de asesoramento en I+D+i
Contamos cun servizo de asesoramento en I+D+i a través do cal identificamos as mellores oportunidades para que as nosas empresas asociadas poñan en marcha os seus proxectos nacionais e internacionais obxecto de financiamento ofrecendo sempre un trato personalizado.
Para elo dispoñemos de:
- Información sobre fontes de financiamento existentes para o desenvolvemento de proxectos.
- Asesoramento técnico.
- Seguimento das propostas presentadas.
- Identificación de novos socios especializados: científicos, tecnolóxicos, empresarios con capacidade de colaboración.
Plataforma de intelixencia competitiva internacional
A nosas empresas asociadas poden acceder a unha base de datos para coñecer as tendencias mundiais de todo tipo de formatos e contidos audiovisuais. A través deste servizo de alto valor engadido os nosos socios teñen a posibilidade de incorporar información do mercado audiovisual ás estratexias das súas empresas.