O Cluster Turismo de Galicia
O Clúster Audiovisual Galego e o Clúster Turismo de Galicia asinaron, o 14 de abril de 2015, un protocolo de colaboración para impulsar as rodaxes e o turismo cinematográfico en Galicia. O presente Protocolo persegue establecer unha estreita colaboración entre os clusters do audiovisual e do turismo galegos coa fin de mellorar actuacións que permitan a posta en valor do noso territorio, aproveitar a potencia dos medios audiovisuais para a promoción do destino, o apoio na elección e localización de espazos para rodaxe e, en definitiva, establecer accións que poidan resultar de interese para ambos sectores en Galicia.
Web