Cluster Audiovisual Galego

“Seis días corrientes”, de Neus Ballús, seleccionada na 46ª edición do Festival Internacional de Cine de Toronto - TIFF'21

30-07-2021

A película “Seis días corrientes”, de Neus Ballús, terá a súa estrea norteamericana na 46ª edición do Festival Internacional de Cine de Toronto-TIFF (Canadá, 9-18 de setembro), dentro da sección Contemporary World Cinema (Cine Mundial Contemporáneo).

O de Toronto é un dos festivais máis importantes do mundo e un dos máis importantes de América e considérase tamén a antesala dos Oscar. Trátase dun festival non competitivo. 
 
O formato híbrido do festival xurdido a raíz da pandemia, permitirá que a película se poida presentar dentro do marco do festival de maneira presencial nun cine ou ao aire libre, pero tamén de forma online. As proxeccións online só estarán dispoñibles ao público en territorio canadiense e restrinxidas a un máximo de 1200 visionados. Con todo, a prensa mundial acreditada e membros da Industria, terán acceso a toda a programación.

Festival de Locarno

Previamente ao Festival de Toronto, “Seis días corrientes” terá a súa premier mundial o 7 de agosto no Festival de Locarno (Suíza), dentro da sección Concurso Internacional, principal sección competitiva do certame. Fundado en 1946, o Festival de Locarno é un dos 15 festivais do mundo de Categoría A e un dos máis históricos, celebrando este ano a súa 74 edición.
 
A película celebrará a súa prèmiere oficial o próximo 7 de agosto e contará cun coloquio posterior.
 
Ao festival asistirá a directora Neus Ballús, os catro protagonistas: Mohamed Mellali, Valero Escolar, Pep Sarrà e Paqui Becerra; e a produtora, Miriam Porté.

Seis días corrientes” é unha produción de Miriam Porté para Distinto Films e El Kinògraf e a produción asociada de Slot Machine (Francia). Conta coa participación de Radio Televisión Española, Televisió de Catalunya e Movistar+ e co apoio do ICAA e do ICEC. Co impulso do Máster en Documental de Creación da UPF.

A película chegará proximamente aos cines da mano de Filmax. Internacionalmente distribúe Beta Cinema GmbH.