Cluster Audiovisual Galego

Comeza a rodaxe de "La jefa", ópera prima de Fran Torres, protagonizada por Aitana Sánchez Gijón e Cumelén Sanz

09-07-2021

Esta semana deu comezo a rodaxe de "La jefa", ópera prima de Fran Torres, protagonizada por Aitana Sánchez Gijón e Cumelén Sanz. Producida por Feelgood Media (Juan Moreno e Guillermo Sempere), Republicana de Cine (Dany Boyero e o propio Fran Torres), Kowalski Films (Koldo Zuazua) e Penúltima Toma TOMA AIE. Será distribuída en España por Filmax e as vendas internacionais irán a cargo de Film Factory.

Antes de dar este salto á longametraxe, Fran Torres tivo unha prolífica e exitosa carreira como realizador de publicidade e dirixiu curtametraxes como “Hoy por ti, mañana por mí”, nomeada ao Goya, e “Duelo”.

A carreira ao longo de máis de trinta anos en cine, teatro e televisión de Aitana Sánchez-Gijón foi recoñecida con multitude de galardóns entre os que destacan a Concha de Plata á mellor interpretación feminina do Festival de Cine de San Sebastián por “Volaverunt” (Bigas Luna, 1999) ou o Premio Max á mellor actriz protagonista por “Medea” en 2015. Recentemente participou en “Madres paralelas”, a última película de Pedro Almodóvar.

Cumelén Sanz é unha actriz arxentina cunha prometedora carreira, foi nomeada á mellor actriz revelación nos Premios Sur da Academia de Cine Arxentino por “No te olvides de mi” (Fernanda Ramondo, 2016).

A película rodarase durante cinco semanas en localizacións da Comunidade de Madrid.

“La jefa” cuxo guión firma Laura Sarmiento (“Crematorio”, “Isabel”, “La Zona”, “Diablero”, “Intimidad”) é a historia da relación envelenada entre dúas mulleres fortes, independentes e conscientes de estar soas no mundo: Beatriz, a xefa, que aparentemente conseguiu na vida todo o que se propuxo; e Sofía, a súa empregada, que cree estar disposta a facer o que faga falta por gañarse a vida que cree merecer.

 Sinopse

Sofía, unha ambiciosa traballadora dunha multinacional de moda nupcial, queda embarazada sen telo planeado. Sen familia en España e incapaz de abortar, dadas as súas conviccións católicas, Sofía parece abocada a volver a Colombia e abandonar a prometedora carreira profesional pola que tanto loitou. Sen embargo, a súa xefa, unha muller feita a si mesma á que Sofía admira por encima de todo, faille unha inusual proposición: Darlle o fillo en adopción a ela, e a cambio poder continuar coa súa promoción dentro da empresa. Sofía acepta a oferta, sen saber que non todo é como a súa xefa lle contou.

Foto: Anya Bartels-Suermondt