Cluster Audiovisual Galego

O Clúster Audiovisual Galego organiza o webinar “A Formación Profesional no sector audiovisual”

01-06-2021

O próximo día 11 de xuño, a partir das 10:00 horas, terá lugar o webinar “A Formación Profesional no sector audiovisual”, organizado polo Clúster Audiovisual Galego coa colaboración da Escola de Imaxe e Son da Coruña e co apoio do Igape.

Neste webinar abordaranse diversos aspectos relacionados coa Formación Profesional no sector audiovisual. Da man de Ángel Cordero, profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña e dinamizador de FP DUAL en Galicia, e de Juan Alberto Bellón, xefe do Departamento de Acreditación e Probas desta escola, coñeceremos máis en detalle a FP Dual, o novo réxime de ensinanza onde as empresas se implican decisivamente na formación dos alumnos e que está deseñado para aquelas empresas que buscan formar de maneira regrada a futuros profesionais coa posibilidade de incorporalos ás súas actividades laborais.

Tamén falarán doutras cuestións como as FCT, as  prácticas en empressa que veñen realizándose desde hai moitos anos, da acreditación de competencias, proceso dirixido a aqueles profesionais que estean interesados en certificar oficialmente a súa experiencia laboral, existindo a posibilidade de acceder a unha titulación e que ofrece tamén a posibilidade aos profesionais de participar activamente neste proceso formando parte das comisións avaliadoras das experiencias profesionais dos traballadores, das estadías de profesorado, a través das que as empresas colaboran na formación e reciclaxe dos profesores posibilitando unha estancia dos mesmos nas súas competencias para aprender como se desenvolven profesionalmente as actividades das que imparten ensinanza nos seus respectivos centros; ou da participación en procesos de formación, neste caso a empresa colabora en actividades de formación para profesores, profesionais ou persoas vinculadas ao sector audiovisual impartindo contidos en cursos, charlas, mostras, etc. organizados pola Consellería de Educación. 

PROGRAMA: 

10:00 h. Apertura da xornada e presentación

Margarita Soilán, Responsable da Área de Formación do Clúster Audiovisual Galego

10:10 h. A Formación Profesional no sector audiovisual: FP Dual, FCT, acreditación de competencias, estadías de profesorado, participación en procesos de formación

Ángel Cordero, Profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña e dinamizador de FP DUAL Galicia

Juan Alberto Bellón, Xefe do Departamento de Acreditación e Probas da Escola de Imaxe e Son da Coruña

10:50 h. Rolda aberta de preguntas

11:30 h. Peche da xornada 

INSCRICIÓN:

O aforo é limitado e a participación no webinar gratuíta previa confirmación de asistencia no mail comunicacion@clag.es. Enviarase enlace de Webex antes da sesión.


Co apoio de: