Cluster Audiovisual Galego

“Now and Then”, a serie de Bambú para Apple, xa ten elenco

31-05-2021

“Now and Then”, a primeira serie orixinal española de Apple TV+, que producirá a nosa socia Bambú Producciones, revela o seu elenco. Ambientada en Miami, a nova serie dramática rodarase en español e inglés, e estará protagonizada por Marina de Tavira, Rosie Perez, José María Yazpik, Maribel Verdú, Manolo Cardona, Soledad Villamil e Željko Ivanek.

“Now and Then” está creada por Ramón Campos, Teresa Fernández-Valdés e Gema R. Neira, o mesmo equipo detrás de “Velvet”, “Las chicas del cable” e “Gran Hotel”, e dirixida e con produción executiva de Gideon Raff (“El espía”, “Homeland”).

Campos e Fernández-Valdés exercerán de showrunners, e os guións estarán escritos por Neira, Campos e o seu equipo habitual.

A nomeada ao Oscar Marina de Tavira ("Roma") como 'Ana', unha muller preparada e con ambición que decidiu aparcar a súa carreira política para apoiar a do seu marido.

A nomeada ao Oscar Rosie Perez ("The Flight Attendant", "Aves de Presa") como 'Flora', unha detective que vive obsesionada con descubrir a verdade sobre un caso sen resolver de hai 20 anos, e que non pensa deixar que a verdade se lle escape.

José María Yazpik (“Narcos: México”) como ‘Pedro', candidato á alcaldía de Miami e casado con Ana, un home que sente que está vivindo unha vida que non lle pertence.

A gañadora de dous premios Goya Maribel Verdú ("Y tu mamá también", "El laberinto del fauno") como 'Sofía', unha avogada forte, feita a si mesma, cuxa vida deu un xiro inesperado hai 20 años e que agora esconde demasiados segredos.

Manolo Cardona ("¿Quién Mató a Sara?") como 'Marcos', un médico que tivo que sacrificar todos os seus soños por esconder un segredo que lle afecta a el e a todos os seus amigos.

A gañadora do premio Goya Soledad Villamil ("El secreto de sus ojos") como 'Daniela', unha artista reservada que nunca conseguiu superar o trauma que viviu cos seus amigos na súa xuventude.

O gañador do premio Emmy Željko Ivanek (“Madam Secretary,” Damages”) como 'Sullivan', detective que é a voz da experiencia e que intenta que a súa compañeira Flora non se meta en demasiados problemas.

Sinopse

“Now and Then” é un complexo thriller que explora as diferencias entre as aspiracións da xuventud e a realidade da vida adulta. As vidas dun grupo de amigos universitarios cambian para sempre cando unha fin de semana de celebracións acaba cun deles morto. Agora, 20 anos despois, os outros cinco deben reunirse tras recibir unha ameaza que pon en risco as súas vidas aparentemente perfectas.