Cluster Audiovisual Galego

En rodaxe “La casa entre los cactus”, dirixida por Carlota González-Adrio e protagonizada por Ariadna Gil, Daniel Grao e Ricardo Gómez

30-04-2021

Carlota González-Adrio debuta como directora da súa primeira longametraxe, "La casa entre los cactus", protagonizada por Ariadna Gil (Solo una vez, Parking, En zona hostil), Daniel Grao (El año de la furia, El inconveniente, El asesino de los caprichos) e Ricardo Gómez (Donde caben dos, El sustituto, Mía y Moi), entre outros, e que será distribuida en cines de toda España pola socia Filmax.

O guión está baseado na novela homónima de Paul Pen (El Aviso, Un matrimonio Perfecto) quen tamén escribiu a adaptación cinematográfica.

González-Adrio, graduada na ESCAC, obtivo coa súa curtametraxe, Solsticio de verano, o Premio a Mellor Curta Española na 64 Edición do Festival Internacional de Cine de Valladolid.

En palabras de Carlota Gonzalez-Adrio, "La casa entre los cactus" é “unha historia que esconde a verdade e a mentira, os segredos, o oculto, a violencia, o cariño, o amparo… partindo sempre do retrato desta familia. A historia constrúese a través da idea da apariencia e o escondido, que cohabita un mesmo espazo, unha mesma persoa. Esta casa que se constrúe como un refuxio fronte á natureza salvaxe, vaise transformando nun abrigo que é tamén escuridade. Nela a serenidade e o silencio da natureza cobran outro sentido.”

A rodaxe transcorrerá en diversas localizacións das Palmas ao longo de seis semanas.

"La casa entre los cactus" é unha produción de Cine 365 FilmsDZ Largometrajes y Audiovisuales AIEIkiru FilmsLa Terraza Films e Virtual Contenidos. Conta coa participación de RTVE, TV3, Orange TV e Ministerio de Cultura (ICAA). Filmax encargarase da distribución en cines de España.

Sinopse

"La casa entre los cactus" é un thriller emocional cheo de suspense no que a idílica convivencia dunha familia perfecta verase dinamitada coa aparición dun estraño que non é quen di ser.