Cluster Audiovisual Galego

Vaca Films inicia a rodaxe de “Proyecto Emperador”, thriller protagonizado por Luis Tosar

23-04-2021

A produtora socia do Clúster Vaca Films comezou a gravación da terceira longametraxe de Jorge Coira, “Proyecto Emperador”, un filme ambientado nas altas esferas del poder e na espionaxe. O thriller, escrito por Jorge Guerricaechevarría, chegará aos cines da man de A Contracorriente Films e a nivel internacional a través de Netflix.

“O mundo da espionaxe é un dos contextos máis poderosos e fructíferos para explorar conflictos extremos. “Proyecto Emperador” quere adentrarse, desde a potencia do thriller, na realidade dos axentes de información: un mundo no que a fronteira entre o ben e o mal se dilúe e onde as cousas non sempre son o que parecen”, explica o seu director, Jorge Coira.

O filme contará con localizacións en cidades como Bilbao, Madrid, A Coruña, Budapest e A Habana. Chegará aos cines distribuída por A Contracorriente Films e porase a disposición dos espectadores globais mediante Netflix.

Protagonizado por Luis Tosar, gañador de tres Premios Goya, o reparto principal o completan Alexandra Masangkay (“El hoyo”), Georgina Amorós (“Élite”), Laura Domínguez (“La catedral del mar”), Miguel Rellán (“Compañeros”), María Botto (“Malnazidos”), Arón Piper (“El desorden que dejas”) e Denís Gómez (“El vecino”), entre uotros.

Vaca Films produce o filme, en coprodución con Playtime, coa participación de RTVE, Netflix, TVG, co apoio de ICAA, Agadic e Programa MEDIA e a formalización da AIE Proyecto Emperador.

Sinopse

“Proyecto Emperador” introduciranos no mundo dos poderosos e dos que moven os fíos. A información e a desinformación, a verdade e o engano, o ben e o mal… termos que, en ocasións, se tocan, se cruzan e conviven ata confundir os seus límites.