UE
Cluster Audiovisual Galego

Novas

Aquí poderás encontrar toda a información actualizada tanto sobre a nosa actividade e a das nosas empresas asociadas, e as de todo o panorama audiovisual de Galicia.

Subscríbete ao noso boletín de novas e coñece antes que ninguén o que se está a cocer no noso sector.

Últimas novas

Webinar “Novas oportunidades de financiación para o sector audiovisual a través das liñas COVID-19 de CREA SGR”

“Hombre muerto no sabe vivir”, a ópera prima de Ezekiel Montes, estrearase o próximo 2 de xullo

A Televisión de Galicia, líder de audiencia e líder entre as canles autonómicas

Todas as novas
Cerrar
Cerrar

Novas

Webinar “Novas
oportunidades de financiación para o sector audiovisual a través das liñas
COVID-19 de CREA SGR”
Webinar “Novas oportunidades de financiación para o sector audiovisual a través das liñas COVID-19 de CREA SGR”

03-05-2021

“Hombre muerto
no sabe vivir”, a ópera prima de Ezekiel Montes, estrearase o próximo 2 de xullo
“Hombre muerto no sabe vivir”, a ópera prima de Ezekiel Montes, estrearase o próximo 2 de xullo

30-04-2021

A Televisión
de Galicia, líder de audiencia e líder entre as canles autonómicas
A Televisión de Galicia, líder de audiencia e líder entre as canles autonómicas

30-04-2021

Webinar “Novas oportunidades de financiación para o sector audiovisual a través das liñas COVID-19 de CREA SGR”

03-05-2021

O próximo 21 de maio, a partir das 10:00 horas, terá lugar o webinar “Novas oportunidades de financiación para o sector audiovisual a través das liñas COVID-19 de CREA SGR”, organizado polo Clúster Audiovisual Galego coa colaboración de CREA SGR e co apoio do Igape.

Volver
+ info

“Hombre muerto no sabe vivir”, a ópera prima de Ezekiel Montes, estrearase o próximo 2 de xullo

30-04-2021

“Hombre muerto no sabe vivir”, primeira longametraxe como director do cineasta Ezekiel Montes (tamén responsable da produción e do guión), chegará aos cines de toda España o próximo 2 de xullo da man da socia do Clúster Filmax.

Volver
+ info

A Televisión de Galicia, líder de audiencia e líder entre as canles autonómicas

30-04-2021

Televisión de Galicia segue a ser líder de audiencias en Galicia, segundo a primeira onda do Estudo Xeral de Medios deste 2021, cun liderado tanto de luns a venres, cun 19,2 % de cota, como se se analizan os sete días da semana (18,3 % de luns a domingo).

CREA SGR ofrece á peme do sector cultural e creativo as ferramentas financeiras que lle permitan acometer o seu proxecto de investimento. Para elo deseña produtos financeiros que se adapten ás necesidades específicas deste sector.

Neste webinar coñeceremos da man de Pedro Martín, director da Área de Audiovisual e Cultura de CREA SGR, todos os detalles sobre as liñas Liquidez COVID-19, Liquidez COVID Plus e Inversión COVID-19 postas en marcha por esta Sociedade de Garantía Recíproca para apoiar ao sector cultural e audiovisual. 

PROGRAMA: 

10:00 h. Apertura da xornada e presentación

                Jorge Algora, Presidente do Clúster Audiovisual Galego

10:10 h. Novas oportunidades de financiación para o sector audiovisual: Liñas Liquidez

 COVID-19, Liquidez COVID Plus e Inversión COVID-19

                 Pedro Martín, director da Área de Audiovisual e Cultura de CREA SGR

10:50 h. Rolda aberta de preguntas

11:30 h. Peche da xornada 

INSCRICIÓN:

O aforo é limitado e a participación no webinar gratuíta previa confirmación de asistencia no mail comunicacion@clag.es. Enviarase enlace de Webex antes da sesión.

“Hombre muerto no sabe vivir”, a ópera prima de Ezekiel Montes, estrearase o próximo 2 de xullo

30-04-2021

“Hombre muerto no sabe vivir”, primeira longametraxe como director do cineasta Ezekiel Montes (tamén responsable da produción e do guión), chegará aos cines de toda España o próximo 2 de xullo da man da socia do Clúster Filmax.

Este thriller con tintes de cine negro ambientado na Costa do Sol está protagonizado por Antonio Dechent (Solas, Intacto), Rubén Ochandiano (Biutiful, Los abrazos rotos), Elena Martínez (Este amor es de otro planeta, Lobo Feroz), Jesús Castro (La isla mínima, El niño), Paco Tous (La sombra de la Ley, La lista de los deseos), Nancho Novo (La Celestina, La ardilla roja) e Manuel de Blas (El túnel, Los fantasmas de Goya). Completan o seu reparto Juan Fernández (Solas, La caja 507), Juanma Lara (El Olivo, El niño que pintaba el mar), Roberto Garcia (La casa de papel, El chicano) e Manolo Caro (El Bola, Camarón).

Sinopse

A historia xira arredor de Tano (Antonio Dechent), quen traballou toda a súa vida para Manuel, un empresario da construción que en épocas mellores controlou toda a cidade. Agora, á vellez, Tano ve como Manuel (Manuel de Blas) xa non pode levar a empresa e toda a estrutura se enfronta a un cambio xeracional, a nova xente, novos negocios, nova forma de levar a empresa, pero a mesma violencia de sempre.

“Hombre muerto no sabe vivir” rodouse en Málaga, Cádiz e Marbella. Producida por 73140323 PC, coa participación de Orange TV, é distribuída por Filmax, que tamén se encarga das vendas internacionais.

A Televisión de Galicia, líder de audiencia e líder entre as canles autonómicas

30-04-2021

Televisión de Galicia segue a ser líder de audiencias en Galicia, segundo a primeira onda do Estudo Xeral de Medios deste 2021, cun liderado tanto de luns a venres, cun 19,2 % de cota, como se se analizan os sete días da semana (18,3 % de luns a domingo).

Analizando a cota de pantalla en comparación coa última de decembro de 2020, o incremento é do 26,2 % de luns a domingo e do 28,9 % de luns a venres.

Líderes en informativos e entretemento

A Galega comeza o día liderando os informativos. Desde o inicio do “Bos días”, a TVG  acada en toda a faixa matinal de 8:00 a 13.30 un 20,4 % de cota, superando en 8,7 puntos o seguinte competidor, (A3, cun 11,7 %). E o liderado segue na faixa do mediodía.

O EXM sinala que a franxa da sobremesa da canle pública (13:30 a 17:00 horas) chega a unha cota media do 32,9 %, 20,4 puntos por riba do seguinte competidor, (A3, cun 12,5 %). Os espazos “Galicia noticias” e o “Telexornal mediodía”, que alcanza a cota do 51 % entre as 14.30 e as 15:00 horas, conforman este bloque de actualidade líder indiscutible en Galicia.

E o liderado segue pola tarde. O “Telexornal serán”, desde as 21:00 horas, tamén é líder absoluto de audiencia, cun 23,8 %, cinco puntos por diante do segundo (A3, cun 18,8 %) e triplicando o terceiro (La 1, cun 8,1 %).

A partir dese momento, o entretemento da noite faise tamén o líder indiscutible en Galicia, ata a unha da madrugada, con faixas do 21 % e sempre por riba dos dous díxitos.