Cluster do Audiovisual Galego
Buscador
Acceso Usuarios

¿Esquenceu o seu contrasinal?
Boletín
Para darse de alta / baixa introduza o seu mail.


 

Imaxe de cabecera de noticia

"12 lúas", novo proxecto cultural promovido por artistas e baseado nas novas tecnoloxías gratuítas de Internet e nas artes

04-06-2008"12 Lúas" é un novo proxecto cultural galego que pretende a libre divulgación da cultura galega e das disciplinas artísticas a través das novas tecnoloxías gratuitas de Internet. O proxecto, promovido por un colectivo de artistas, xira arredor dun blog e ríxese polas licencias Creative Commons con base derivativa, de recoñecemento e ámbito non comercial.

Unha nova revolución cultural baseada nas tecnoloxías e a intercomunicación das diferentes artes; a colaboración entre diferentes persoas ou grupos para xerar novos proxectos ou artes promovendo a súa derivación e complementaridade das artes e xéneros; a posibilidade de chegar a todos os públicos e promover a idea de que a cultura está ao alcance de todos; a autopromoción creativa; a libertade de expresión; a oportunidade de amosar novas innovacións e proxectos; a pluralidade e a mestura das linguas como forza cultural... son algúns dos propósitos para os que se concebiu a iniciativa, "12 Lúas", un novo proxecto cultural galego, que foi inaugurado o pasado 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional de Internet.

Artistas galegos como Helena Robledo, Mª Isable Pereira, Veronika Cernadas, Alberte Muíño, José M. Olveira, Esperanza Porto, Francisco Porto, Gabriela Rodríguez ou Eugenio Sánchez, participan nesta proposta con diferentes aportacións de diversas disciplinas artísticas. No eido da cultura, "12 Lúas" tira partido de aquelas disciplinas que máis se están a ver beneficiadas polo uso das novas tecnoloxías da comunicación (fotografía, reprodución, música ou poesía) e, no eido dos recursos dixitais en si mesmo, céntrase en boa medida en afondar en ferramentas como YouTube, Flickr ou FaceBook.

A elección do astro luar como símbolo ten que ver co seu carácter místico como musa de moitos poetas e relixións, amais de polo seu aspecto científico de alterador do comportamento humano. O nome de "12 lúas" ven dado porque a cada mes correspóndelle unha lúa, e este proxecto tenta ter o seu máximo fruto ao longo dun ano completo -12 lúas-, tal e como explicaron os responsables do proxecto, que xurdiu en Betanzos. O blog pode visitarse no seguinte enderezo http://12luas.blogspot.com/

 



  galego  |    castelán
Web del IGAPE   Web de Obra Social Caixa Galicia EDIFICIO FEUGA
c/ Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus Sur.
15705 Santiago de Compostela Tlf: 981 941 792
Nota legal       Email: cluster@clag.es