Cluster do Audiovisual Galego
Buscador
Acceso Usuarios

¿Esquenceu o seu contrasinal?
Boletín
Para darse de alta / baixa introduza o seu mail.


 

Imaxe de cabecera de noticia

Acábase o prazo para presentar curtametraxes e videoclips ao Festival de Cans (O Porriño)

11-03-2010O 15 de marzo termina o prazo para presentar curtametraxes e videoclips á VII edición do Festival de Cans que terá lugar do 19 ao 22 de maio en Cans, localidade pontevedresa.

O Festival da curta galega, que se desenvolve de maneira paralela ao glamuroso Festival de Cannes, entregará este ano 5.600 euros en premios máis os Cans de Pedra, a figura co emblema do festival. Son un total de 9 galardóns, seis para curtametraxes, dúas para videoclips e un premio honorífico.

En curtametraxes existen dúas categorías, ficción e curtas de animación, os premios nestas categorías están dotados de 1.500 euros e con 1.000 euros os do público. O festival tamén entrega outros dous premios sen dotación económica: mellor actriz e mellor actor. Ademais entregarase o Premio Pedigrí a un profesional destacado do sector audiovisual galego.

Para presentarse ao concurso as curtas deben estar realizadas en Galicia, producidas por unha produtora galega ou dirixidas por directores galegos entre os anos 2008, 2009 ou 2010.

Toda a información necesaria xunto coas bases da convocatoria en www.festivaldecans.com

 

 



  galego  |    castelán
Web del IGAPE   Web de Obra Social Caixa Galicia EDIFICIO FEUGA
c/ Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus Sur.
15705 Santiago de Compostela Tlf: 981 941 792
Nota legal       Email: cluster@clag.es