Cluster do Audiovisual Galego
Buscador
Acceso Usuarios

¿Esquenceu o seu contrasinal?
Boletín
Para darse de alta / baixa introduza o seu mail.


 

Imaxe de cabecera de noticia

Padre Casares vaise a Madrid

09-03-2010Telemadrid adquiriu os dereitos de emisión da serie producida por Voz Audiovisual e que emite actualmente TVG. A serie comenzou a emitirse o domingo pasado na canle autonómica. Para a dobraxe ao castelán a cadea solicitou a participación de varios dos principais actores.

Pai Casares narra a historia de Horacio Casares, un novo sacerdote que é destinado como párroco a unha pequena aldea galega: San Antonio de Louredo. É un cura moderno montado nunha Harley e afeccionado á música do seu MP3. Producida nos estudios de Voz Audiovisual na Coruña, Pai Casares converteuse desde a súa estrea en TVG en 2008 no programa de maior audiencia de TVG e logrou ser a serie máis vista en Galicia.

Actualmente TVG está a emitir os capítulos correspondentes á sexta tempada e Voz Audiovisual está a piques de iniciar a gravación da sétima tempada á vez que prepara xa a rodaxe da película Pai Casares previsto para finais deste ano.

A serie está a emitirse ademais nas súas versións adaptadas en Canle Sur e na Televisión Balear. Pai Medina, no caso andaluz e Mossén Capellà no caso balear son os títulos adaptados nestas comunidades.

En Telemadrid, con todo, emitirase a versión orixinal galega dobrada ao castelán por algún dos propios actores do elenco, Don Horacio, Delmiro e o resto das personaxes que compoñen o mundo de San Antonio de Louredo todos falan xa  castelán os domingos en horario prime-time e durante 13 semanas, si todo vai ben.



  galego  |    castelán
Web del IGAPE   Web de Obra Social Caixa Galicia EDIFICIO FEUGA
c/ Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus Sur.
15705 Santiago de Compostela Tlf: 981 941 792
Nota legal       Email: cluster@clag.es