Cluster do Audiovisual Galego
Buscador
Acceso Usuarios

¿Esquenceu o seu contrasinal?
Boletín
Para darse de alta / baixa introduza o seu mail.

Imaxe de cabecera de noticia

Vitelsa conclúe a implementación da canle Cervantes TV, a nova referencia española en Internet

24-05-2008Cervantes TV a nova canle de televisión dixital por Internet (IPTV) do Instituto Cervantes para a difusión universal da cultura española contou para a súa posta en marcha co apoio tecnolóxico da socia do CLAG, Vitelsa, encargada da implementación dun proxecto "chave en man" que achega as solucións tecnolóxicas necesarias para a posta en marcha desta canle, en emisións desde o mes de febreiro.

Coa posta en marcha de Cervantes TV, o seu promotor, o Instituto Cervantes, convértese na primeira institución europea de difusión de lingua e cultura que conta coa súa propia canle de televisión dixital por Internet (IPTV). A avanzada solución tecnolóxica achegada por Vitelsa para esta nova canle integra diversos equipos e sistemas de produción entre os que destaca MediaBox, aplicación desenvolvida por Xtream (empresa do Grupo Vitelsa).
 
Esta aplicación proporciona un potente sistema de catalogación e arquivo dixital, que permite aos redactores e documentalistas da nova canle unha sinxela e potente xestión dos contidos dixitais utilizados para a elaboración da programación da nova canle. En canto á xestión e control da emisión, Vitelsa ha implementado a través de Xtream a avanzada solución de C-nario, que permite xestionar dun xeito global a grella de emisión para a difusión por Internet do sinal da nova canle.
 
Este innovador proxecto tecnolóxico supuxo un fito na modernización da institución máis relevante a nivel mundial para a difusión da cultura española. Cervantes TV ofrecerá unha programación dinámica e polifacética sobre a actualidade cultural de España e dos países hispanohablantes aos máis de 400 millóns de falantes de español no mundo.
 
O Grupo Vitelsa, con 25 anos de historia no mercado audiovisual español, é líder na prestación das máis completas e avanzadas solucións e servizos de tecnoloxía audiovisual para os mercados de Broadcast, Produción, Administración Pública e Empresas. Actualmente conta cun cualificado equipo humano próximo ás 200 persoas e cobertura comercial e técnica directa en toda España.


  galego  |    castelán
Web del IGAPE   Web de Obra Social Caixa Galicia EDIFICIO FEUGA
c/ Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus Sur.
15705 Santiago de Compostela Tlf: 981 941 792
Nota legal       Email: cluster@clag.es