A Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega i+dea pretende ser una organización onde se instaure un entorno propicio para crear e consolidar un foro aberto de traballo e colaboración entre os actores relevantes no sector tecnolóxico audiovisual da Comunidade Autónoma Galega, que favoreza a formación de grupos ou polos de excelencia e coordinación científico-técnica de carácter dinámico nos temas de I+D+i claves para o futuro deste tecido empresarial.
Na Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega i+dea, creada en 2008, participan os estamentos industrial, universitario, tecnolóxico e a propia Administración, para favorecer sinerxías e a integración de proxectos de I+D+i. O obxectivo é incentivar a cultura da cooperación como fórmula de desenvolvemento sectorial, en sintonía coas políticas comunitarias orientadas a favorecer estratexias de colaboración. A través da plataforma i+dea, o sector audiovisual galego estreita vínculos con outras estruturas estatais e comunitarias, podéndose beneficiar do desenvolvemento de proxectos consorciados.
A Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega, i+dea, é unha agrupación aberta á participación de calquera empresa ou entidade que amose o seu interese en contribuír de maneira positiva aos traballos que nela se promovan.
Obxectivos
A Plataforma Tecnolóxica i+dea é un foro aberto de traballo entre a industria audiovisual galega e as entidades de investigación e demais organizacións relacionadas co seu progreso científico e tecnolóxico, que ten como obxectivos estratéxicos:
Grupos de Traballo
A Plataforma estrutúrase en seis grupos de traballo:
Áreas técnicas
As liñas de traballo fundamentais estrutúranse en catro áreas técnicas:
O desenvolvemento destas liñas en proxectos de I+D+i complétase cun programa de accións horizontais que inclúe tres áreas transversais de actuación: área de infraestructura de soporte,que dá cobertura a accións de vixilancia tecnolóxica, paneis de expertos e unha unidade de apoio á I+D+i; área de capacitación de recursos humanos, que dá relevancia á formación dos profesionais do sector, definindo modelos formativos, identificando novas cualificacións e sensibilizando sobre a importancia da I+D+i no sector; e área de cooperación e relacións internacionais,que coordina i+dea con outras plataformas tecnolóxicas e estimula a participación en proxectos e consorcios de ámbito internacional.
Durante 2011 leváronse a cabo diferentes iniciativas que propiciaron sinerxías entre os membros da Plataforma e entre estes e profesionais alleos á mesma. Asemade, en 2011 a Plataforma serviu de escenario para impulsar un proxecto de creación de Canles Temáticas.