LibrePlan Audiovisual é unha adaptación sectorial de LibrePlan orientada á
xestión da previsión e execución de custos durante o desenvolvemento de producións audiovisuais. O seu obxectivo principal é cubrir todas as etapas relacionadas coa
definición do orzamento, planificación e seguimento, dende o punto de vista do control dos gastos. Permite seguir a execución dos elementos do orzamento
comparado cos gastos reais proporcionando unha vsita dos custos comparado coas previsións, xunto con medicións da produtividade.
Foi desenvolvido orixinalmente por
Igalia e
Wireless Galicia, coa colaboración do Cluster Audiovisual Galego (
CLAG) e cofinanciado con
fondos públicos.
Podes acceder á
demo online, profundar nos seus
características, ver a
documentación ou
descargalo. Se necesitas máis información non dubides en
contactar connosco.