Cluster Audiovisual Galego

En rodaxe “Te quiero, imbécil”, comedia romántica protagonizada por Quim Gutiérrez e Natalia Tena

05-12-2018

Desde o pasado 19 de novembro Laura Mañá roda a súa nova longametraxe, a comedia romántica "Te quiero, imbécil", protagonizada por Quim Gutiérrez e Natalia Tena, que Filmax estreará en 2019. 

A película, producida por Brutal Media, Lastor Media e Minoría Absoluta, está protagonizada por Quim Gutiérrez, Natalia Tena, Alfonso Bassave, Alba Ribas e Patricia Vico; conta tamén coa colaboración especial de Ernesto Alterio. O filme rodarase en diferentes localizacións de Barcelona e Pamplona.

Sinopse

A Marcos déixao a moza xusto cando lle iba pedir que casara con el, bótano do traballo e ten que ir vivir cos seus pais. En definitiva, a súa vida é o que se pode definir como unha merda.  Con semellante panorama, Marcos decide saír adiante como o home que é. O problema, é que Marcos non ten nin idea de como é un home do século XXI, así que acode ao lugar onde todo se encontra: Internet. Mentres comeza a poñer en práctica os pasos que encontra nun videoblog de autoaxuda para superar a súa rutura e buscar ao home que leva dentro, Marcos encontrarase cunha antiga amiga do colexio á que non ve desde hai 20 anos.