Cluster Audiovisual Galego

Televisión de Galicia foi a canle máis vista nos últimos dous meses, segundo o Estudo Xeral de Medios

29-11-2018

Televisión de Galicia acadou unha cota de pantalla de 12,5% no período de luns a domingo nos meses de outubro e novembro, segundo o EXM (Estudo Xeral de Medios) que corresponde á terceira onda do ano 2018.

Este resultado sitúa a TVG como a canle máis vista en Galicia neste período de tempo. Por días, os sábados foron o día de maior fortaleza da TVG, cun 18,5%, seguidos polos xoves (14,1%) e os domingos (13,6%). 

Con respecto ao prime time, a cota media desta faixa foi dun 12%, superando esta media, tamén, os xoves, sobre todo cos bos datos de audiencia que xera o programa “Land Rober Tunai Show”, sábados, con“Bamboleo”, e domingos, con “Serramoura” e “En xogo”. No conxunto do día, a media da TVG neste período de 2018 foi de 12,5%, aumentando nos horarios de sobremesa (13.30-17:00 h.) ata o 19,6%.

Segundo o EXM, no ano móbil que vai de febreiro a novembro, a Televisión de Galicia acadou de luns a domingo unha cota de pantalla de 14,6%, mentres que de luns a venres a media estableceuse nun 14,4%. Neste espazo de tempo a faixa do prime time da TVG foi de 12,9%.