Cluster Audiovisual Galego

O Clúster Audiovisual Galego organiza o curso Dixitalización en contornas broadcast e de produción

21-07-2018

O Clúster Audiovisual  organiza o curso Dixitalización en contornas broadcast e de produción, que terá lugar o vindeiro mes de outubro en Teo (A Coruña) co obxectivo de achegar aos participantes ás novas tecnoloxías a implementar no proceso de dixitalización da contorna broadcast e de produción.

Esta acción formativa, de 30 horas de duración, celebrarase os luns 8, 15, 22 e 29 de outubro na sede da produtora CTV, en Teo, en horario de mañá e tarde.  O curso será impartido por Ricardo Cuenca e Jose Barambio, enxeñeiros ambos da empresa Crosspoint.

Co apoio do Igape, o Clúster Audiovisual oferta un total de 18 prazas, que serán cubertas por orde de inscrición. Os participantes neste curso poderán beneficiarse dos descontos do crédito á formación continua da Fundación FUNDAE.

Entre os obxecitos do curso están achegar aos participantes ás novas tecnoloxías a implementar no proceso de dixitalización da contorna broadcast e de produción, dar a coñecer as principais novidades tecnolóxicas, a fin de que os participantes teñan claro cales son as aplicacións que se veñen utilizando nos últimos anos e cales están introducíndose actualmente no mercado no proceso de dixitalización das súas compañías, aportar coñecementos máis específicos sobre este tipo de tecnoloxías, novos estándares e formatos a fin de que o traballador acade unha formación máis profunda sobre a utilización e desenvolvemento destas tecnoloxías incluídas na dixitalización, e lograr a adaptación ós cambios tecnolóxicos e ás novas contornas que se xeran no mundo do vídeo e audio profesional.

Esta formación está dirixida a traballadores en activo de empresas con centro de traballo ou domicilio social en Galicia, tendo prioridade aqueles pertencentes a PEMES do sector audiovisual e asociados do Clúster Audiovisual Galego, que teñan unha vinculación laboral coa empresa de relación laboral (contrato de traballo por conta allea, común ou especial), autónomos dependentes (contratos trade), socios ou administradores da empresa (cotizantes á Seguridade Social nalgún réxime) e titulares da empresa ou actividade (empresarios autónomos).

A formación está orientada preferentemente a aqueles postos que requiren ter uns coñecementos máis profundos sobre a dixitalización da empresa audiovisual, como produtores executivos e directores de empresas do sector audiovisual, directores técnicos de televisión ou produtoras e técnicos.

Para inscribirse é necesario enviar por mail o formulario acompañado do xustificante de pago a proxectos@clag.es. O prazo está aberto até o 14 de setembro.

Na Convocatoria encontrarás o Programa e máis información sobre este curso.

Descargar a Convocatoria do curso ->

Descargar o Formulario de inscrición ->