Cluster Audiovisual Galego

O Clúster Audiovisual Galego renova a súa acreditación como Agrupación Empresarial Innovadora, concedida polo Ministerio de Industria

15-11-2022

En 2010 o Clúster Audiovisual Galego inscribiuse no Rexistro de Agrupacións Empresariais Innovadoras. Desde ese ano, o Clúster dispón do recoñecemento de AEI con nivel de excelencia outorgado polo Ministerio de Industria, Comercio y Turismo. Esta cualificación veuse renovando periodicamente, téndose consolidado o Clúster Audiovisual Galego na actualidade como o único clúster do sector a nivel nacional que dispón desta acreditación.