Cluster Audiovisual Galego

Colaboración entre o Clúster Audiovisual Galego e Fuell

20-07-2022

O Clúster Audiovisual Galego e a compañía Fuell alcanzaron un acordo de colaboración, polo que calquera asociado ao Clúster que contrate os seus servizos gozará de descontos nas tarifas e dunhas condicións vantaxosas.

Que é Fuell?

Fuell é unha empresa líder na xestión de gastos corporativos especializada no sector audiovisual. Traballa con algunhas das produtoras de máis prestixio en España, como Filmax, Nostromo, Morena Films, Plano a Plano, etc.

Fuell facilita a xestión e xustificación de gastos corporativos durante producións, proporcionando tarxetas físicas e virtuais aos empregados e un software de xestión de gastos. É unha plataforma flexible que se adapta á alta rotación de persoal vinculado a producións e rodaxes.