O espazo da Galega “Cos pés na terra”, finalista nos Premios Pro-Docs á Mellor Serie Documental
O espazo
da TVG “Cos
pés na terra” é finalista nos Premios
Pro-Docs 2022 á mellor serie documental. Estes galardóns, que concede a Asociación de
Produtores de Documentais, recoñecen as mellores obras documentais televisivas
do ano pasado, poñendo o acento no talento, a calidade e a riqueza que existe
arredor deste xénero televisivo. Nesta novena edición, os Premios Pro-Docs
incorporan por primeira vez a categoría de mellor serie documental televisiva
para distinguir o formato das producións por capítulos.
Dirixido por Diego
Guerrero Sande e producido polas nosas asociadas Filmax
e a CRTVG, “Cos pés na terra” compite na categoría de Mellor Serie
Documental con “O rei. Joan Carles I, media vida en Marivent”,
producida por MOM Works e IB3 e codirixida por Marta Hierro e Núria Abad; “Terres de
cinema”, producida por Andana Audiovisual, Lof Media e Á Punt,
está dirixida por Fran Ruvira, e “¿Dónde está Marta?”, de Cuarzo Producciones
(Banijay) e Netflix, baixo a dirección da galega Paula Cons.
“Cos pés na terra” é unha serie documental que a TVG emite os luns no prime time, e que foi estreada no ano 2011. Cunha
periodicidade semanal, en cada entrega amosa tres historias humanas de homes e
mulleres que apostan por construír a súa vida no campo e como medio de
desenvolver o traballo. Os gañadores dos Premios Pro-Docs 2022 coñeceranse o
próximo 18
de maio no transcurso da gala inaugural do 25 Festival
Internacional de Cine Documental “DocsBarcelona”.