Cluster Audiovisual Galego

O Clúster e Music Library & SFX celebran o día 20 o obradoiro online "A música que soa: Dereitos e recursos musicais para a produción de contidos"

29-04-2022

O Clúster Audiovisual Galego, en colaboración con Music Library & SFX, celebrará o vindeiro 20 de maio, de 11:00 a 12:30 horas, o obradoiro online “A música que soa: Dereitos e recursos musicais para a produción de contidos”. A banda sonora e musical son elementos que fan que calquera audiovisual se volva máis atractivo, axudando a crear unha atmosfera que conduce ao espectador dentro do contido. Pero non toda música pode ser utilizada como elemento de fondo. O motivo? Principalmente, os dereitos de autor. Non só pola lexislación local, senón tamén pola lexislación da maioría dos países que protexen o labor creativo.

De maneira didáctica e informativa, a través da nosa charla explicaremos os elementos básicos a ter en conta para a utilización da música en producións audiovisuais. Ademais, ofrecerase unha vista xeral sobre os recursos musicais dispoñibles aos creadores audiovisuais e se analizará o que pode aportar a música a contidos audiovisuais, tamén presentando exemplos.

Programa:

Presentación do obradoiro: Jorge Algora, presidente do Clúster Audiovisual Galego.

Dereitos de autor: Que son? Tipos.

Sincronización musical: Recursos e elementos a ter en conta para a utilización da música na produción de contidos. Exemplos prácticos.

Convenio de colaboración de Music Library &SFX co Clúster Audiovisual Galego.

Preguntas e participación dos asistentes.

O obradoiro será impartido por parte do experimentado equipo de profesionais do departamento de copyright e desenvolvemento de negocio de Music Library &SFX. Esta actividade esta aberta a todo o sector, previa confirmación de asistencia no mail comunicacion@clag.es. Enviarase enlace de acceso.

Cunha traxectoria de 20+ anos, Music Library & SFX é sub-editor e representante en exclusiva para España do catálogo de música de produción de Audio Network: Música de calidade, con máis de 200.000 temas de todos os xéneros e estilos e un modelo de negocio único que cambiou a perspectiva do uso da música dentro da produción audiovisual. Respectando moito o labor profesional dos músicos e compositores orixinais, eles tamén o son, consideran que dispoñer de información, ferramentas e recursos musicais de forma inmediata, facilita e optimiza enormemente todo tipo de produción audiovisual, xa sexa na súa fase inicial ou, posteriormente, cando xorden necesidades e retos inesperados.

Diversificando actividades, Music Library &SFX creou a súa división de supervisión musical Acorde e lanzou o selo AltMusic. Tamén, a través da empresa editora musical e de produción audiovisual asociada, AltContent, colabora na produción de diversos proxectos audiovisuais, incluíndo un Goya pola curta de animación Decorado, de Alberto Vázquez, en 2017.