Cluster Audiovisual Galego

“Todos mienten”, a nova serie creada e dirixida por Pau Freixas, estrea tráiler

23-12-2021

“Todos mienten” estrearase en Movistar+ o venres 28 de xaneiro de 2022completa baixo demanda. A serie, creada e dirixida por Pau Freixas, está producida por Movistar+ en colaboración con Filmax e consta de 6 episodios.

Este thriller ten toques de suspensedrama e humor negro, e conta con personaxes imprevisibles e impulsivos, con moitos conflictos por resolver... incluido un crime.

Segundo Pau Freixas: "En “Todos mienten” nada é o que parece. Continuamente especulas cos personaxes e es testemuña de como a deriva dos acontecementos os leva a facer algo que xamais esperarías deles, incluso cometer un crime".

Xa podes ver o tráiler oficial da serie, un puzle composte de mentirassegredosalianzas e crises matrimoniais e vitais.

“Todos mienten” conta cun reparto de luxo, con amplo rexistro, capaces de transitar por todos os xéneros e con talento para interpretar a personaxes complexos e cheos de matices: Irene ArcosNatalia VerbekeMiren IbargurenLeonardo SbaragliaJuan Diego BottoErnesto AlterioEva SantolariaAmaia Salamanca e Jorge Bosch protagonizan a serie xunto cos mozos Lucas NaborCarmen ArrufatBerta CastañéMarc Balaguer e Lu Colomina.

Sinopse

Macarena déitase co fillo da súa mellor amiga e alguén sube o vídeo a internet. Ese día ponse patas arriba a vida de Belmonte, unha tranquila urbanización de clase alta. A partir de aí unha frenética cadea de consecuencias fai que todos os seus habitantes se enfronten ás súas miserias e segredos máis profundos.

Amigas que se odian, fillo con vidas paralelas, matrimonios con forma de estafa, amantes inesperados, coitelos xaponeses que cambian de man, crises matrimoniais, e para complicalo todo un pouco máis, un terrible asasinato.

Un misterio que non será sinxelo desentrañar porque, preguntes a quen preguntes, todos menten.