Cluster Audiovisual Galego

A curtametraxe “The Monkey” gañadora en Vigo e Lisboa

28-09-2021

A curtametraxe de animación dirixida polo galego Xosé Zapata e o italiano Lorenzo Degl 'Innocenti, “The Monkey”, comezou a súa distribución con máis dunha ducia de seleccións en festivais de todo o mundo (Canadá, España, Portugal, Grecia, Italia ou Estonia) durante os dous últimos meses e suma dous premios.

No  Festival  de Animation de  Lisboa (Monstra) obtivo o Premio "Mostrinha", que ademais do recoñecemento vén acompañado de formar parte do programa de proxeccións en centros de ensino de todo Portugal, polo que a curtametraxe "The Monkey" será exhibida antes máis de 65.000 estudantes portugueses.

Tamen "The Monkey" recibiu o Premio do Público á Mellor Curtametraxe Lusófona (categoría mixta de animación e ficción) e onde participan as curtametraxes portuguesas e galegas da Primavera do Cinema de Vigo.

"The Monkey" é unha coprodución hispano portuguesa entre os estudos Sardinha em Lata de Lisboa e Lightbox Animation Studios de Madrid responsible de títulos tan destacados como "Tadeo Jones".

A curtametraxe "The Monkey" continua este mes de setembro o seu percorrido en festivais e será estreada internacionalmente en América do Norte no Vancouver Film Festival de Canadá onde compite na sección oficial.

O día 8 de outubro proxectarase na sede da Academia de Cine de España en Madrid, dentro da programación do festival de Cinema de Madrid.

Co apoio da Deputación da Coruña estrearase na provincia coruñesa na Casa da Cultura do concello de Carral o día 21 de outubro, ademais de que en paralelo mostrarase o traballo de tres anos na Exposición "The Monkey Making Of".