Cluster Audiovisual Galego

A produtora Visual VR estreará proximamente a curta "Conectados"

22-02-2021

A socia Visual VR prepara xa o seu novo traballo, a curtametraxe “Conectados”, unha comedia que resalta mediante o humor, o hiperconectados que estamos hoxe en día a internet. O resultado será inesperado e sorprendente!

Rodada enteiramente en Galicia durante o mes de febreiro, o elenco está formado por actrices mozas que interpretan papeis tan antagónicos como cotiás. Unha curta con moita personalidade, humor e sobre todo, que nos fará vivir a través dos personaxes experiencias coas que seguro nos sentiremos indentificados.

Proximamente online…!