Finaliza en España a rodaxe de “La cima”, dirixida por Ibon Cormenzana e protagonizada por Javier Rey e Patricia López Arnaiz
Este luns finalizou en España a rodaxe de "La cima", película que dirixe Ibon Cormenzana. Desde o pasado 21 de decembro a película ródase en localizacións de Aragón, Biscaia e nos Pirineos. Proximamente unha parte do equipo trasladarase a Nepal para continuar a rodaxe no Annapurna, unha das grandes cimas do planeta.
A cinta está protagonizada por Javier Rey (“El verano que vivimos”; serie “Fariña”) e Patricia López Arnaiz (“Ane”, pola que recibiu o Premio
Forqué á Mellor Interpretación Feminina. Por este traballo tamén está nomeada aos
Premios Goya e aos Premios Feroz; serie “La otra mirada”).
"La
cima" narra a viaxe emocional de Ione e Mateo, unha aventura que
lles axudará a reconectarse coa vida e coa natureza para encarar o seu camiño.
Cun argumento orixinal do propio Ibon Cormenzana, o guión está escrito por Nerea Castro (“Mentiras pasajeras”, serie en desenvolvemento por el El Deseo e
Viacom).
Parte do equipo técnico está integrado por Albert Pascual (“Alegría Tristeza”, “Segundo
origen”) na dirección de fotografía, David Gallart (“Quien a hierro mata”’, “Alegria
Tristeza”) na montaxe, Fernando
Velázquez na música
(“Trilogía del Baztán”, “Un monstruo viene a verme”), Zaloa Ziluaga na
Dirección de Arte (“Ventajas de viajar en tren”) e Fabiola
Ordoyo no deseño de son (“Madre”, “Alegría Tristeza”).
"La
cima" é
unha produción de Arcadia
Motion Pictures, Aixerrota Films, LAZONA
Producciones, Dorothy
Films AIE en coprodución con Noodles
Production (Francia). Conta coa participación de EITB e Televisió de
Catalunya e co apoio do Goberno Vasco. A socia Filmax encargarase
da distribución en España, así como das vendas internacionais.
Sinopse
Mateo (Javier Rey) enfróntase por primeira vez á montaña máis perigosa do planeta, o Annapurna, co reto de chegar ata a cima e cumprir así unha antiga promesa. No seu ascenso sufre un accidente que o deixa inconsciente e gravemente ferido. Horas máis tarde é rescatado por Ione (Patricia López Arnaiz), unha alpinista experimentada que está pasando o inverno nun refuxio, soa e afastada do mundo. A pesar de non entender as razóns que levaron a Mateo ata alí, Ione intentará axudalo a alcanzar a súa meta.