Cluster Audiovisual Galego

Carlos Fernández, de Filmax, premio PROA a Mellor produtor do ano

22-12-2020

Os produtores audiovisuais federados entregaron os sete Premios PROA a Mellor produtor do ano, que realizou a súa quinta edición e cancelou a súa celebración presencial, quedando aprazado o seu encontro anual ao 2021. O noso socio e CEO de Filmax, Carlos Fernández foi un dos premiados deste ano e recibiu o galardón a mellor produtor de televisión concedido por ProTV.

O galardón ten por obxectivo recoñecer a tarefa realizada durante o último ano pola mellora do sector audiovisual dun produtor de cada asociación que conforma PROA: APAIB, AVANT, DeviCAT, ProAnimats, ProDocs, ProFicció e ProTV.

Os premiados foron resultado dun proceso de votacións realizado polos mesmos produtores, que recoñeceron de cada un deles tanto a súa aportación no desenvolvemento da industria, como a súa participación activa no traballo da Federación para continuar fortalecendo a produción audiovisual.

Ademais do premio a Carlos Fernández (Filmax), Miguel Eek, de Mosaic Produccions, foi elixido como mellor produtor APAIB, asociación de produtoras das Illas Baleares; Rafa Molés, de Suica Films, repite de novo no premio AVANT, asociación da Comunidade Valenciana; mentres que Horacio Martos e Andrés Bou, de Social Point, conseguen o galardón de mellor produtor de DeviCAT, a asociación Desenvolvedores e editores de videoxogos de Cataluña. Pola súa banda, os integrantes da asociación ProAnimats, elixiron a Jordi Oliva, de Imagic tv; e os de ProDocs votaron por Jordi Évole e Ramon Lara, de Producciones del Barrio. Os asociados de ProFicció seleccionaron a Tono Folguera e Sergi Moreno, de Lastor Media, os cales tamén repetían galardón ao ser elixidos xa o pasado ano.