Cluster Audiovisual Galego

Dez proxectos audiovisuais de socios do Clúster serán desenvoltos e producidos co apoio da Xunta

26-10-2020

10 proxectos de produtoras socias do Clúster Audivovisual Galego foron apoiados pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia a través das subvencións anuais para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega e das subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego na súa convocatoria de 2020, cuxas resolucións saíron fai uns días. Entre estes dez proxectos, dun total de 35 adxudicatarios, figuran traballos das socias Agallas Films, Frida Films, Gaitafilmes, Matriuska Producciones, Vaca Films, Xamalú Filmes e Zenit TV.

Así, na listaxe dos 20 traballos adxudicatarios das subvencións anuais para producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego están, entre outros, os títulos “Algo pararecido á felicidade”, de Álvaro Gago e Matriska Producciones; “Sofía Casanova, a obreira do pensamento”, miniserie televisiva dirixida por Zaza Ceballos e Noelia Muíños e producida por Zenit TV; “La lechuga”, coprodución galego-canaria de Frida Films que dirixirá Diana Toucedo, e o documental “María Casares: a muller que viviu mil vidas”, con dirección de Xavier Villaverde e produción de Agallas Films.

Mentres que algúns dos títulos seleccionados para desenvolvemento son “Fatum”, de Juan Galiñanes, que producirá Vaca Films; o documental “O silencio herdado”, de Lucía Dapena, con Gaitafilmes; “La oportunidad”, de Frida Films e primeira longametraxe como realizadora de María de Castro; “A nai (La madre)”, de Xamalú Filmes, con dirección de Manane Rodríguez; “Monstro”, tamén de Gaitafilmes, con Andrés Goteira, e a serie “Victoria Ocampo, un lugar chamado Sur”, con guión de Rosa Castro e dirección de Zaza Ceballos que producirá Zenit TV.